Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo pide que Vigo opte a los recursos para impulsar la agenda 2030 a nivel local priorizando actuaciones en políticas de acceso a la vivienda y reducción de la pobreza.

Rubén Pérez: “É fundamental a extratexia a nivel local para impulsar en Vigo os obxectivos da Axenda 2030, impulsada pola ONU en canto a desenvolvemento sostible e integración social”.

video
play-sharp-fill

O BOE do 6 de xullo publicou a Orde DSA/632/2022 do 23 de xuño pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións adicadas a accións conxuntas para o impulso da Axenda 2030 nas entidades locais. “Estes obxectivos, promovidos polas Nacións Unidas – sinala Rubén Pérez – establecen unha folla de ruta para a sustentabilidade da vida das persoas desde unha perspectiva social, cultural, económica e medio ambiental”. O que da sentido, segundo o voceiro municipal, que “os cinco piares sobre os que se constrúe esta Axenda sexan planeta, persoas, paz, prosperidade e alianzas”.

Marea de Vigo considera que no caso de Vigo, “o Goberno local ten que proceder urxentemente á implementación da Axenda 2030 e priorizar especialmente as cuestións ambientais e as que teñen unha incidencia sobre a situación do acceso a vivenda asequible na cidade, toda vez que está cronificandose a falla de stock de vivenda en alugueiro, os prezos escalan desorbitadamente e soamente con actuacións públicas podería ser posible conter os prezos dun mercado amplamente regulado pola oferta privada” relata o voceiro. Marea de Vigo lembra que Vigo é a cidade de Galicia onde os prezos máis subiron e onde o acceso á vivenda de alugueiro “é xa imposible para estudantes, perceptores de RISGA, IMV ou PNC e persoas desempregadas” engade Pérez.

Ante isto, Marea de Vigo pide que a nosa cidade forme parte da REDE DE ENTIDADES LOCAIS PARA A AXENDA 2030 da que xa forman parte centos de municipios, coordinando estratexias a nivel local para levar a cabo os obxectivos que marca a Axenda, especialmente os relacionados con vivenda e pobreza e exclusión social.

Dende Marea de Vigo se insiste en que “poden adicarse e captar recursos para o acceso á vivenda e servizos básicos adecuados, seguros e alcanzables así como implementar políticas de urbanización inclusiva e sostible”. Sobre isto, Pérez matiza que a Axenda 2030 “inclúe tamén un aspecto demandado en ocasións por Marea de Vigo e diversos colectivos sociais, como é o da creación dun parque de vivenda protexida de ámbito local e establecer criterios para a correcta combinación dos réximes de propiedade e alugueiro, coherente coas necesidades do municipio”, así como estimular unha oferta de vivenda con tipoloxías diversificadas adaptadas ás novas formas familiares emerxentes (monoparentais, etc.), facilitar o acceso a vivenda a persoas migrantes ou de paso, e, “especialmente importante para Vigo, impulsar a mobilización da vivenda baleira cara ao alugueiro ou outros usos” engade o voceiro.

De levarse a cabo a adaptación á Axenda 2030, “poderíanse mobilizar recursos agora inexistentes para estas políticas de vivenda sen que opere o discurso competencial”, xa que, segundo Pérez, sendo certo que as competencias en materia de vivenda son estatais e autonómicas “o certo é que tanto a Lei de Bases de Réxime Local anteriormente, pero tamén a Axenda 2030 agora, poñen enriba da mesa a total capacidade dos concellos para evitar unha situación de dificultade do acceso á vivenda así como outras accións activas que o Concello de Vigo pode implementar e obter recursos financeiros para elo” conclúe.

Deja una respuesta

Hide picture