Vigo, Galicia
Vigo

Marea de Vigo pide planificación turística para todo el año ante la falta de actividades culturales en esta semana santa.

Rubén Pérez: “Mentres noutras cidades hai planificación ao longo de todo o ano e para as datas nas que se reciben máis visitantes e a economía local ten un retorno económico importante, en Vigo hai unha absoluta falla de planificación sumada a unha improvisación permanente para os períodos turísticos que non teñen que ver co Nadal”.

.

Na Semana Santa, que previsiblemente ia ser unha semana de recuperación do turismo e de recuperación dos ingresos de determinados sectores como a hostalería, golpeados con forza pola pandemia da covid-19, “non hai practicamente oferta cultural” afirma Rubén Pérez. Tendo en conta ademais que o tempo non ia ser o máis acaído para soamente actividades no exterior, “era previsible que terían que buscarse outros reclamos para todo o que non foran actividades ao aire libre cunha boa oferta cultural, tal e como están facendo noutras cidades, coma concertos ou actividades para as nenas e os nenos” engade.

Marea de Vigo considera que ante a falla de execución de partidas para a planificación turística que figuran no orzamento, “pedimos ao Goberno local que desestacionalice o turismo planificando estratexias para todo o ano pero especialmente que se faga unha axenda cultural que teña actividades de interese para as persoas que nos visiten en Semana Santa, practicamente inexistente na actualidade” sinala o voceiro. No Concello de Vigo, segundo Rubén Pérez, “non se pensou que Vigo puidera ter outro atractivo máis aló da sua contorna e das suas praias, cunha ocupación que apenas roza o 50% na cidade”.

“A ampliación dos horarios e a actividade nos museos da cidade é claramente insuficiente – apenas dous días – e moitos deles teñen falta de contidos” apela o voceiro. “A planificación turística ten que facerse a principios de ano e non improvisarse, de non facelo o único que teremos estará centrado no Nadal, perdendo oportunidades para mover a economía da cidade” conclúe

Deja una respuesta