Marea de Vigo pide comprensión cidadá e que lembren que o único responsable é o Concello como administración que contrata á empresa e que non fixo absolutamente nada por parar a agresión laboral permanente de Vitrasa.
Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que “de novo estamos ante abusivos servizos mínimos polo que entende como absolutamente necesarias calqueira medida que o comité de folga considere necesaria para defender os dereitos laborais na empresa en contínuo acoso por parte da empresa coa colaboración do Concello”
Marea de Vigo considera que Vigo é unha cidade que sempre se amosou “solidaria e empática” cos conflictos laborais, polo que calqueira tentativa por parte do goberno local de “criminalizar a protesta” é remar de xeito incompresible contra, non só dos valores valores históricos da cidade forxados en miles de conflictos laborais dende a transición, senón tamén contra os propios valores fundamentados nos conceptos de dereitos da clase traballadora dos que o PSOE sempre se autoidentifica” sostén o voceiro do GM da Marea de Vigo.
Marea de Vigo urxe ao Concello de Vigo e a empresa a convocar, tal e como demanda o comité, unha xuntanza coa representación sindical xa con propostas serias enriba da mesa que inclúan tamén a revisión salarial solicitada polo comité pero tamén a aclarar a situación concesional, os marcos nos que se moverá a nova concesión na que se traballa e a situación económica real da empresa. O transporte de viaxeiros da cidade, mentres tanto, non recupera viaxeiros ao ritmo do que acontece noutras cidades o que é exemplo de que algo está a fallar no deseño, prezos e organización dun servizo público tan neural.
Marea de Vigo considera que foi un erro evidente a ampliación concesional e o sistema decidido para compensar a VITRASA pola perda de viaxeiros derivaba da situación de pandemia, xa que en vez de compensar economicamente polar perdas como se fixo en case todas as cidade do estado en base ao Real Decreto emitido polo goberno, aquí optouse sorpresivamente por empregar a cláusula que figura no contrato do ano 1995, a de 5 anos prorrogables a un máximo de 35 contando o período concesional inicial.
Para Marea de Vigo hai unha evidente responsabilidade empresarial nestas decisións e noutras como a arbitraria supresión de liñas vendida como unificación das mesmas, pero tamén hai especialmente unha responsabilidade do Goberno local primeiro na tutela pública sobre as concesións administrativas que aproba, no seu seguimento e no cumprimento dos pregos concesionais; pero tamén no feito de que a esta situación se chega por decisións tomadas en Xunta de Goberno local, especialmente dende a decisión de activar a prórroga actual de 5 anos, de non clarificar na mesma que criterios marcan os futuros e presentes importes de reequilibrio económico concesión así como de non exercer responsablemente a auditoría e control dos servicios públicos esenciais para os vigueses e viguesas.
Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo e Meli Vázquez, voceira de Podemos Vigo acompañarán hoxe aos traballadores e traballadoras de Vitrasa nas mobilizacións que están convocadas na cidade.
