Vigo, Galicia
Política Vigo

Marea de Vigo pide conocer que reclamaciones judiciales tiene abiertas Vitrasa contra el ayuntamiento por compensación económica de la concesión

Marea de Vigo lembra que alertaran de que a prórroga da concesión retrotraía ao prego concesional dos 90, eliminando as fórmulas existentes de compensación arbitradas despois e que deixaba nun limbo o equilibrio económico financeiro, algo que está sendo empregado pola empresa para tentar eliminar dereitos laborais.

O voceiro do GM da Marea de Vigo, Rubén Pérez, valorou hoxe que o Xulgado nº 1 do Social de Vigo fallase contra Vitrasa na tentativa de apelar o laudo que impedia o descolgue salarial como «unha gran nova para os servizos públicos da cidade». A sentenza relata argumentos «contundentes e demoledores» para impedilo e, para Marea de Vigo, poñen en evidencia que Vitrasa e Concello negocian con total opacidade as cuestións económicas relacionadas coa concesión do transporte urbano en Vigo como as compensacións económicas derivadas dos investimentos ou que a empresa en ocasións actúa máis como axencia de publicidade de Abel Caballero que nos parámetros de interese xeral e servicio público de transporte urbano colectivo de viaxeiros.

O xulgado literalmente di o mesmo que Marea de Vigo explicitou en numerosas ocasións con respecto á ampliación concesional que non é outra que o erro de voltar exclusivamente ao prego de 1994 onde as compensacións de investimentos eran directas ao gastado sen establecer como criterios correctores por exemplo a prognose de viaxeiros. Literalmente a sentenza di, con respecto a pérda de viaxeiros e polo tanto de recursos, literalmente: «la merma es drástica y sin embargo la empresa asumió la prórroga de la contrata sin plantear exigencia alguna al Concello de Vigo con base a las nuevas circunstancias que limitaban la movilidad y provocaban una disminución importantísima de pasajeros y por lo tanto de ingresos».

Por outra banda a sentenza tamén deixa en evidencia ao Concello, que apresurou a ampliación da concesión despois de prometer e anunciar que era un prego obsoleto e desventaxoso para o Concello e que non se faría. A sentenza deixa clara mención ao que preocupaba ao grupo Municipal de Marea de Vigo, que no era outra cousa que o feito de que non figurase na ampliación que mecanismo se arbitraría para o equilibro concesional da explotación do transporte urbano en Vigo e que a empresa (citamos textualmente a sentenza): «solo manifestó que no renunciaba a ningún derecho en relación a la reclamación del restablecimiento del equilibrio económico derivado del Covid-19 pero esta pretensión no deja de ser una posibilidad, no es una realidad». «Esta última frase deixa en evidencia a arbitrariedade e non concrección do mecanismo para equilibrar a concesión, algo que unha adminisitración pública non pode deixar ao arbitrio da improvisación, xa que falamos de varios millóns de euros.» sinala Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo 

Para Marea de Vigo a ampliación da concesión administrativa a Vitrasa continúa a ser un erro garrafal, entre outras cousas porque a concesión caduca e obsoleta dos anos 90 volveu a ter plena vixencia, desaparecendo as fórmulas de compensación existentes. Pero tamén porque volta a ser a única fórmula de cálculo do valor do billete a fórmula polinómica que imputaba costes tan inexplicables como as eternas amortizacións dos terreos das cocheiras ou a compra permanente de vehículos en vez de apostar polos renting que evitaría ter que desembolsar cantidades inxentes de recursos cando se renova a flota. “Neste fórmula, tal e como denunciou o propio alcalde en ocasións, estaba o erro do contrato que finalmente foi renovado de xeito inexplicable”.

Deja una respuesta

Hide picture