Vigo, Galicia
General Política

MAREA DE VIGO LEMBRA QUE OS TERREOS DA MADROA EMPREGADOS POLO CELTA SON DA COMUNIDADE DE MONTES DE TEIS POR SENTENZA XUDICIAL E PIDE AO CONCELLO ACATAR A SENTENZA E NEGOCIAR COA COMUNIDADE DE MONTES.

Rubén Pérez: “O concello estivo buscando constantemente subterfuxios para non asumir a sentenza, que deixaba claro que os terreos expropiados no seu día eran propiedade da Comunidade de Montes de Teis”.


O concello chegou a argumentar que “o zoo e o complexo deportivo da Madroa ocupaban harmónicamente os terrenos comunais”. Quedando sen uso co traslado do Celta a Mos, “o concello debe abrir agora unha vía para garantir os dereitos dos comuneiros e comuneiras e o cumprimento da legalidade” apunta o voceiro do Grupo municipal.

No ano 2015 un xulgado declarou a improcedencia da expropiación dos terreos referidos, sobre os que a Comunidade de Montes leva anos esperando que o concello negocie con eles o pago da expropiación ou outras fórmulas que permitan solventar a situación en beneficio dos dereitos dos e das comuneiras e do propio concello.

Marea de Vigo considera que “ante o eventual desuso futuro das instalacións e dado o seu bo estado, o Concello debería imdemnizar á Comunidade de Montes, facerse coas instalacións e recorvertilas en espazos multideporte, non só para fútbol, que permitiran a súa utilización por parte de diferentes deportes federados ou afeccionados da cidade (rugby, beisbol,…)”, colectivos que actualmente demandan instalacións axeitadas para a práctica deportiva, estando actualmente algúns deles coma o Trasnos de Vigo de béisbol entrenando sempre fóra do municipio a pesar de ser equipos locais.

Para Marea de Vigo, o fin do uso dos terreos por parte do RC Celta “é un bo momento para negociar e acordar coa Comunidade de Montes o futuro dunhas instalacións que ocupan terreos que legalmente son da Comunidade, e polo tanto dos veciños e veciñas de Teis, que teñen demostrado nestes anos unha xestión eficiente e exemplar do Monte ás veces con recursos económicos moi escasos” conclúe Rubén Pérez.

Deja una respuesta

Hide picture