Vigo, Galicia
General Portada

Marea de Vigo empraza ao goberno local a non improvisar coa escola infantil de santa marta no barrio do cura e comece a buscar na contorna do barrio un espazo para habilitar esta escola de xeito temporal

Rubén Pérez: “É fundamental que sexa o Concello quen garanta esa interinidade entre o derrubamento da vella escola e a inauguración da nova, quen vele por que se cumpra o convenio urbanístico do ámbito do Barrio do Cura e quen defenda os dereitos de traballadoras da concesionaria municipal, como institución responsable desa contratación pública”.



Marea de Vigo, que tivo coñecemento do que estaba acontecendo a través de pais, nais e traballadoras da escola, considera que “é fundamental buscar unha ubicacion alternativa para o mantemento da unidade escolar mentras non se levante a nova escola, o que significaría non ter que trasladar ao alumnado a outros centros, manter o emprego das traballadoras e poder ofrecer á veciñanza do barrio o mesmo servizo dando o primeiro ciclo infantil” segundo sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “Significaría ademais que o Concello defende o ensino 100% público de 0 a 3 anos”.

Para Marea de Vigo, “non hai ningunha dúbida con respecto á existencia dunha nova escola infantil no barrio, xa que pese ao silencio do Goberno local, o convenio urbanístico asinado entre o Concello e a empresa promotora así o reflicte, incluso na rúa onde vai estar ubicado” detalla Rubén Pérez. “A edificabilidade actual do ámbito está vinculada á construción desa escola e polo tanto non facela alteraría esa edificabilidade e polo tanto, a legalidade do conxunto do ámbito”.

“O problema – prosigue o voceiro – está en qué vai acontecer dende xullo, cando acabe a concesión actual, e, en concreto, que vai acontecer co persoal da escola”. O convenio de aplicación da dereito de subrogación, mais o prazo de suspensión debe ser menor de un ano, “polo que, se as obras duran máis dese ano, poderían chegar a perder ese dereito. Estamos falando de traballadoras que algunhas levan máis de 18 anos no centro, que poderían quedar na rúa se non se soluciona por parte do Concello, xa que a previsión é que as obras no barrio duren varios anos” engade o concelleiro.

Deja una respuesta