Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo denuncia que la ampliación de cinco años de la concesión de Vitrasa fue “una absoluta inutilidad” que no evita la reclamación patrimonial de la empresa concesionaria y no permite cambiar el actual sistema tarifario.

Marea de Vigo acusa ao Goberno local de mentir cando dixo que a ampliación era unha oportunidade para corrixir os “agravios económicos” sobre a concesionaria. “A realidade é que durante cinco anos non imos poder modificar nada sobre o sistema tarifario, tendo a maiores unha reclamación de 15 millóns de euros que acabará nos xulgados” sinala Rubén Pérez, voceiro municipal.




O pasado venres, a Xunta de Goberno local decidiu non atender á “enesima” reclamación económica da empresa concesionaria de transporte urbano de Vigo, VITRASA. Un total de 15 millóns de euros que a empresa lle reclama ao Concello dende o pasado ano 2020, feito polo que Marea de Vigo esixe unha explicación inmediata por parte do Goberno local, “xa que dixeron que a última ampliaciòn da concesión de cinco anos ía permitir amortizar gran parte desa reclamación patrimonial que fai a empresa ao Concello – apunta Rubén Pérez -, cando o que realmente temos son cinco anos máis de concesión co mesmo sistema tarifario que fai que teñamos que estar compensando sempre a VITRASA por non acadar os vinte millóns de pasaxeiros/as, e que calquera actuación de carácter proactivo que pretenda facer o Goberno local, como poden ser os billetes ao CUVI ou os billetes de transferencia, modifican substancialmente as condicións do contrato e significa que hai que compensar económicamente á empresa concesionaria”.

Para a Marea de Vigo, a realidade sobre a concesión de transporte urbano é “unha falla absoluta de control sobre a concesión e unha falla absoluta de vontade para ter un transporte público digno con abonos mensuais ou anuais como teñen a maior parte das grandes cidades” matiza o voceiro. “O que temos enriba da mesa é unha falla de compromiso do Goberno de Abel Caballero cun transporte municipal público e digno e que evite a entrada de miles de vehículos privados no día a día desta cidade causando unha situación insostible” engade.

Marea de Vigo seguirá apostando pola remunicipalización do servizo de transporte urbano da cidade e insiste na necesidade de comezar xa o seu estudo. “En todo caso, mentres estea concesionado, debe estar baixo un seguimento exhaustivo do funcionamento do mesmo que fiscalice cada decisión administrativa” conclúe Rubén Pérez.

Deja una respuesta