Vigo, Galicia
General Vigo

MAREA DE VIGO CUESTIONA El SISTEMA DE MANTENIMIENTO DE LAS OBRAS HECHAS BAJO El PROGRAMA VIGO VERTICAL, FINANCIADAS POR LA UNIÓN EUROPEA

Para a Marea de Vigo, isto só é consecuencia das “políticas curtopracistas, caprichosas, electoralistas e improvisadas do Goberno de Abel Caballero no seu afán inaugurador, deixando, tras a pompa e o anuncio, obras con avarías constantes, ascensores que levan máis dun mes sen funcionar ou elementos ornamentais descoidados” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Outro exemplo, neste caso futurible, é o caso do proxecto de Gran Vía, no que se recoñece abertamente e por escrito que o mantemento financiarase co orzamentado para o mantemento da rede viaria da cidade, deixando este a priori sen recursos. “É un grave erro dilapidar eses recursos a costa das necesarias melloras nas estradas viguesas, melloras e arranxos que, sobre todo no rural, son especialmente necesarias ” engade Rubén Pérez.

Marea de Vigo vén de solicitar, no día de hoxe e a través dun escrito, información detallada sobre as avarías das infraestruturas vinculadas ao programa Vigo Vertical dende o seu inicio, no que pide se inclúan os contratos de mantemento vinculados a tales infraestruturas, informes sobre as incidencias e os tempos de resposta, e os custes das mesmas.

Deja una respuesta