Vigo, Galicia
Política Vigo

Marea de Vigo considera una tomadura de pelo y una antesala de nuevas anulaciones judiciales a actuación de junta y ayuntamiento en la aprobación del PGOM

Marea de Vigo considera que «manexar os tempos legais e fitos de aprobación do PXOM dende o prisma do oportunismo electoral é un grave erro que pode devir de novo en procesos xudiciais e mesmo anulacións por sentenzas».

Rubén Pérez, voceiro do GM da Marea de Vigo, considera que os retrasos na entrega de informes sectoriais por parte da Xunta ou a petición de ampliación de prazo para a aprobación provisional do PXOM anunciada hoxe polo Alcalde de Vigo, son parte de dúas estratexias electorais e unha loita enfermiza por controlar os tempos comunicativos do desenvolvemento e aprobación da principal norma urbanística que regula a cidade de Vigo.

Marea de Vigo leva meses pedindo aclaracións a unha e outra administración en canto ao relativo aos prazos e mecanismos pendentes de aprobación do PXOM, entendendo ademáis que Xunta e Concello eran coñecedores do risco de que o Instrumento de Ordenación Provisional decaise de sobrepasarse os tres anos e medio para a aprobación do novo PXOM que obrigaba a utilización de este mecanismo de legalización do Solo Urbano Consolidado que arbitrou a Xunta. «Que se manexaran de xeito oportunista os tempos coloca de novo ao urbanismo da cidade nunha permanente sospeita de improvisación e inconsistencia legal preocupante» sinala o voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea de Vigo urxe a que Xunta e Concello convoquen de urxencia unha xuntanza seria e pensando no interese xeral, que aborde as cuestións nas que existe discrepancia nos informes sectoriais como o do vial de Beade ou nos estudos de cremenento programados en vez de intercambiar cartas que «nada solucionan». Marea de Vigo urxe a pactar un calendario antes das eleccións municipais que comprometa a todos os grupos que ostentan responsabilidades nas administracións con competencias en materia urbanística.

Marea de Vigo teme que o peloteo de responsabilidades entre as dúas administración implicadas no desenvolvemento urbanístico de Vigo e o proceso electoral que ven non só dilate o proceso de aprobación, senón que mesmo cree novas inseguridades xurídicas. 

Deja una respuesta