Vigo, Galicia
Política Vigo

Marea de Vigo califica como descontrol el seguimiento público de las contratas públicas y lleva a pleno una propuesta de creación de un observatorio ciudadana.

Marea de Vigo considera que pese aos miles de euros que as concesionarias, á orde do alcalde, están a deitar en medios estes días para vender grandes logros e xestión eficiente, hai un absoluto descontrol na auditoría e calidade do servizo de transporte, auga e saneamento, lixo, etc… e ducias de queixas de AAVV e veciños quedan no limbo sen ser respostadas

video
play-sharp-fill

Marea de Vigo considera «un escándalo» que unha parte sensible dos recursos que saen dos petos dos vigueses e viguesas en forma de pagos a empresas privadas para xestionar servizos públicos acabe sendo empregados, non para as melloras dos servizos, senón para colocar páxinas diarias en medios e outros soportes publicitarios para «colaborar activamente como axentes electorais de Abel Caballero». Unha media de 20.000 euros diarios están a converterse en anuncios de prensa «sen ningunha motivación informativa máis aló dun escenario publicitario impropio dun servizo público municipal que debe empregar a inserción en medios de comunicación como elemento de información de cambios no servizo ou información de interese público». 

Para evitar estas situacións ou que non exista un mecanismo de avaliación pública de como se están a desempeñar as funcións e obrigas das empresas concesionarias; Marea de Vigo considera que, ademais da propia comisión de pleno de seguimento da contratación pública de obrigada constitución segundo o Regulamento Orgánico do pleno, urxe crear mecanismos participativos de seguimento do funcionamento dos servizos públicos municipais.

Marea de Vigo leva as dúas últimas lexislaturas reclamando un debate sobre os mecanismos públicos de auditoría dos múltiples servizos municipais de Vigo xestionados por entidades privadas en réxime de concesión, fundamentalmente empresas privadas. Porque o feito de que estes servizos sexan xestionados por unha entidade allea aos servizos públicos municipais non exime ao concello da súa responsabilidade como garante da xestión dos mesmos, responsabilidade atribuída pola lei de bases de réxime local que arbitra á corporación unha serie de obrigacións que non se esgotan no proceso de contratación, senón que continúan durante toda a vida do contrato, durante o cal debe velar polo bo cumprimento e desenvolvemento de contrato por parte da empresa adxudicataria.

«Por esa razón», sinala Rubén Pérez, «propoñeremos no pleno do Concello deste mércores a creación da figura do Observatorio de Contratación Municipal, organismo que se convertería nunha peza crave de seguimento e control da execución dos servizos municipais sometidos a concesión ou contrato público. É obrigación do Concello de Vigo adaptar e perfeccionar os mecanismos oportunos co fin de cumprir ese innegable mandato consistente en garantir que a rede pública de servizos municipais responda e sexa eficaz para atender as necesidades básicas da poboación á que están suxeitos» A proposta da Marea de Vigo se fundamenta na creación dun órgano participado por AAVV, comités de empresa das concesionarias, Asociacións de Usuarios e Consumidores, etc… que realice un seguimento e valoración e mellora das condicións de servizo, tanto no referente á prestación do mesmo e tanto no caso de servizos externalizados e xestionados por empresas privadas, un observatorio non suporía custo específico algún para as arcas municipais nin fai interferencia en competencia algunha atribuída por lei a calquera outro órgano, tanto os servizos administrativos afectados ou á unidade de tramitación de cada expediente. As súas funcións esenciais serían a emisión de informes, a realización de peticións ou recomendacións que puidesen orientar as decisións dos órganos municipais relativa ao seguimento da adxudicación e desenvolvemento dos contratos adxudicados polo consistorio.

Deja una respuesta

Hide picture