Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo afirma que la resolución de la (agencia de protección de la legalidad urbanística) sobre obras ilegales en el edificio de la antigua depuradora para el parque de bomberos muestran la dejadez municipal en el cumplimiento de la legalidad de espaldas.

Rubén Pérez: “Existen exemplos de actuacións públicas e privadas dentro da servidume de protección de costas das que non consta a do Ministerio e de Costas. Dende movementos de terra como o de Cabo Estai ata actuacións de obras menores en praias como a da Calzoa das que pese a requerirse información da autorización por parte da Marea de Vigo, existe un silencio sospeitoso por parte do Goberno local”.

Os cambios de tendencia no sector inmobiliario coa chegada da pandemia, a alta demanda de vivenda unifamiliar e o “impass” que supón o PXOM do 93 fronte á maior protección de costas que marca o novo PXOM en elaboración, “é un caldo de cultivo perfecto para que volva a presión urbanistica á costa do termo municipal de Vigo, feito que obriga a unha maior labor fiscalizadora e inspectora por parte do Concello para evitalo” afirma Rubén Pérez.

Marea de Vigo alertara xa en Comisións Informativas e mesmo no Pleno de que o uso das antigas instalacións da depuradora de Coruxo para un parque de bombeiros temporal ata que se leven adiante as obras do novo en Esturáns e ao acometerse a derruba das gradas de Balaídos onde estaba o servizo era cando menos “unha improvisación que mesmo podía ser ilegal” engade o voceiro. “Primeiro, porque esas instalacións de Coruxo foron escusa para mobilizar recursos do remanente coa xustificación de crear un auditorio municipal e que se finalmente o uso era diferente contraviña a xustificación pública do uso de recursos economícos municipais – detalla Pérez-; pero tamén denunciaba que eran obras de rehabilitación dun edifico que se realizaban na servidume de protección de costas sen que existise constancia de legalidade en materia de costas”.

Finalmente, a APLU vén a confirmar, con data 16 de marzo, que eran efectivamente ilegais, ao incoar un procedemento sancionador e de reposición da legalidade contra o Concello de Vigo pola realización de obras neste edificio e entender que foron executadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre sen licenza urbanística, sen autorización do servizo provincial de urbanismo da Xunta de Galicia, en autorización da Dirección xeral do Ministerio para a Transición ecolóxica e mesmo sen autorización do organismo de Augas de Galicia. “Todo isto despois dunha denuncia previa formulada por CIG, CUT e CCOO no Concello de Vigo” engade Rubén Pérez.

Marea de Vigo afirma que a costa que percorre o termo municipal de Vigo “ten que ter un grado de protección evidente, pero especialmente ten que ter un Goberno local que permanentemente vele polo cumprimento da legalidade, que realice unha inspección rigorosa de calquera actuación que se realice na contorna natural e na servidume de costa e que responda á veciñanza e e aos grupos municipais cando requiren información, non empregando como sistema o silencio administrativo que non fai máis que acrecentar as sospeitas de que se convive coa ilegalidade, co incumprimento da legalidade en materia de protección de costas e que os intereses especulativos e privados se aúpan como intereses públicos xerais” sinala o voceiro municipal.

Deja una respuesta