Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez «PP de Vigo» pide al Ayuntamiento un informe sobre las subvenciones que estuvieron en riesgo o se perdieron este mandato, que superan los 60 millones de euros

· “A incapacidade do goberno local, visiblemente esgotado, á hora de executar os seus recursos esténdese tamén aos fondos que chegan doutras administracións, que se esfuman prexudicando á cidade”, sinalou

· A presidenta local do PP solicita explicacións dos edís responsables sobre a perda destes fondos que detallou partida a partida e que podería ser incluso maior: “Canto máis se perdería do que non temos constancia?”

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, solicitará ao goberno local que elabore y presente un informe no prazo máximo dun mes onde se detallen todas as subvencións externas, xa sexan estatais, autonómicas, provinciais ou europeas que estiveron en risco ou se perderon durante este mandato. “É moi preocupante a constante perda de recursos públicos externos”, aseverou a líder popular, que apuntou que a cifra supera os 60 millóns de euros.

O grupo municipal popular presentará o vindeiro luns unha moción na que ademais de reclamar este informe, solicitará a comparecencia pública inmediata dos concelleiros delegados das áreas de Fondos Europeos, Fomento, Turismo, Comercio e Facenda para dar explicacións aos vigueses sobre a perda destes fondos externos.

“A xestión económica municipal mostra unha alarmante deriva caracterizado pola súa ineficacia á hora de xestionar os recursos económicos dos que dispón, tal e como o demostra ano tras ano a baixa execución orzamentaria”, apuntou Luisa Sánchez, que engadiu que esa “incapacidade do goberno local, visiblemente esgotado, á hora de executar os seus recursos esténdese tamén aos fondos que chegan doutras administracións”.

Sen embargo, matizou, mentres que os recursos propios que non se executan “engordan ano tras ano a caixa dos remanentes”, os externos “esfúmanse prexudicando á cidade”.

A líder da oposición lembrou que a pasada semana, o PP de Vigo revelou a “perda irreversible” de ata 5 millóns de euros por parte do Concello de Vigo, dos cales 3,5 correspondían a unha subvención do Ministerio de Transportes para bonificar o

billete de Vitrasa. “O goberno nin tan sequera chegou a solicitar formalmente esta axuda a pesar de telo acordado previamente na xunta de goberno”, aclarou.

A esa cantidade se suman outros 1,5 millóns procedentes de fondos europeos concedidos para o plan de dinamización turística da vila de Bouzas. A axuda total ascendía a 2 millóns, pero o goberno local tan so foi capaz de executar o 25%, uns 500.000 euros, antes de que vencese o prazo, o pasado 30 de xuño.

“Son cinco millóns que revelamos en apenas unha semana, pero a lista é moi longa, tanto que neste mandato suma máis de 60 millóns de euros”, manifestou Luisa Sánchez. “Pero, ollo, que todos ese cartos que detectamos dende o Partido Popular, partida a partida, poden ser máis porque, canto máis se perdería do que non temos constancia?”, inquiriu.

UNHA LISTA MOI LONGA DE FONDOS PERDIDOS

A presidenta local do PP debullou a lista dos fondos que Vigo recibiu pero que se perderon pola incapacidade de sacar adiante os proxectos en tempo e forma como foi o caso da reforma da envolvente da torre do Concello (3 M€ máis 250.000 en intereses); o plan de Bouzas (1,5 M€), o programa Vigo Capacita (450.000 €), o frustrado Amazon vigués (370.000 €), a reforma do mercado de Teis (700.000 €) ou a reforma dos parques infantís de Camilo José Cela e do Berbés (240.000 €).

Por outra banda, engadiu, “non chegaron a solicitarse ou renunciaron por desleixo ou neglixencia acreditada” os 3,5 M€ para bonificar o billete de Vitrasa, 300.000 euros para a escola infantil da Praza da Industria, 180.000 euros para a inserción laboral de vítimas de violencia de xénero e, máis recentemente, os 10 M€ da Deputación de Pontevedra aos que o Concello de Vigo renuncia pola súa negativa a asinar o convenio co ente provincial.

Foi precisamente, lembrou Luisa Sánchez, a súa propia intervención como vicepresidenta provincial a que impediu que se perdesen ademais outros 10,3 millóns de euros procedentes deste organismo entre os anos 2021 e 2025, ante a imposibilidade do goberno local de executar a tempo as obras incluídas nos convenios, que tiveron que ser prorrogados. Entre eles, citou os máis recentes de Parque Matías ou a humanización de San Roque.

Nese apartado de fondos “salvados in extremis” pola ampliación de convocatorias ou do prazo para a execución dos proxectos están tamén os 6 M€ correspondentes ao Perte da auga e os 1,2 millóns concedidos para o edificio de Esturáns logo que o ministerio de Transición Ecolóxica ampliara os prazos de execución, que vencía o 30 de xuño, ata finais do 2028.

Deja una respuesta

Hide picture