Vigo, Galicia
Vigo

Luisa Sánchez, PP de Vigo, anuncia alegatos al presupuesto municipal para que afronte los principales problemas de Vigo: la falta de vivienda y el elevado costo de la vida

· A presidenta local do PP subliña que son dous eixos fundamentais que o goberno local esquece nunhas contas que, un ano máis, “quedarán en papel mollado, cunha baixa execución como todos estes anos”

· “É un documento decepcionante, falto de ambición e que non da resposta ás necesidades e problemas reais dos vigueses e por iso trataremos de corrixir as deficiencias duns orzamentos claramente insuficientes”, apunta

A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, anunciou este mércores que o seu grupo presentará alegacións ao documento de orzamentos municipais do vindeiro 2027 co obxectivo de que afronte os verdadeiros problemas da cidade. “O noso obxectivo é redirixir as contas cara os principais problemas dos vigueses: o acceso á vivenda e o alto custo da vida como consecuencia dunha inflación desbocada que fai que moitas familias nin sequera poidan chegar fin de mes”, subliñou.

A líder local do PP lamentou que o goberno de Abel Caballero esqueza estes dous eixos fundamentais nuns orzamentos municipais que considera un “exercicio de quero e non podo, e que á hora da verdade quedarán en papel mollado, cunha baixa execución como todos estes anos que dan lugar aos remanentes dos que tanto presume e que non son senón froito da súa incapacidade para xestionar e executar as súas propias contas”.

As contas municipais, apuntou Luisa Sánchez, non só repiten numerosas inversións que levan anos figurando nas contas municipais como o edificio de Esturáns, o mercado de Teis, a humanización da rúa Pazo en Bouzas ou a reforma o edificio do Concello. Este ano, ademais, contan co “agravante” de que en moitos deses casos “agora serán os vigueses os que paguen” estas actuacións tras perder o goberno de Caballero os fondos europeos precisamente por incumprir os prazos previstos para executalos.

No caso da vivenda, Luisa Sánchez considerou “raquítica” a partida destinada a este grave problema, con partidas orzamentarias moi baixas e cunha Empresa Municipal de Vivenda “infradotada”. “É aí onde debería facer o maior esforzo inversor e lamentablemente non é así porque insisten en dotala con apenas 4 millóns de euros que dan para moi pouco”, manifestou.

Todo isto, insistiu, “a pesar dos 200 millóns en remanentes” dos que dispón o Concello, que permitirían axudar á economía real dos vigueses a través dunha baixada real de impostos e taxas municipais para aliviar, polo menos en parte, a carga fiscal de Vigo, que é a máis alta de Galicia. “Mentres a Xunta fai a súa parte do traballo para pórse do lado dos cidadáns, en Vigo Abel Caballero vende a moto dunha conxelación das taxas e impostos despois de tres anos de subidas dun 4 por cento anual”, aseverou.

“O orzamento municipal para 2027 é decepcionante, falto de ambición e non responde ás necesidades e aos problemas reais dos vigueses. Por iso dende o PP de Vigo presentaremos as alegacións que correspondan para corrixir as deficiencias dunhas contas claramente insuficientes”, describiu.

Deja una respuesta

Hide picture