Vigo, Galicia
Galicia

Luis López recalca el compromiso de la Diputación para que el estadio de Balaídos sea sed del Mundial 2030: “Haremos todo el posible”

A Xunta de Goberno comprometeu este venres o máximo apoio á candidatura de Balaídos así como a colaboración para que o estadio vigués cumpra os requisitos da FIFA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo público este venres o compromiso do organismo provincial para conseguir que o estadio de Balaídos sexa unha das sedes do mundial de fútbol do ano 2030 que organizan de forma conxunta España, Portugal e Marrocos. O mandatario provincial afirmou que a Deputación adquire o compromiso, no marco das súas competencias e dispoñibilidade orzamentaria, para facer “todo o posible” para que o estadio de Vigo acolla partidos dun dos eventos deportivos globais máis importantes. “Queremos que o mundial 2030 se celebre na provincia e queremos que Balaídos sexa unha das sedes”, insistiu Luis López.

Un acordo que quedou selado por escrito na Xunta de Goberno celebrada este mesmo venres no Pazo provincial, no que o executivo que dirixe Luis López manifesta “o seu interese en poder albergar partidos da Copa do Mundo de 2030 na provincia e declara o seu compromiso institucional coa candidatura da sede do Mundial 2030 e o seu apoio a elas”, así como a intención da Deputación para “cumprir con todos os requisitos, no marco das súas competencias e das súas dispoñibilidades orzamentarias, que se concreten no seu momento pola FIFA, e colaborará co Comité Organizador da Copa do Mundo para o seu desenvolvemento”.

Neste sentido, a Deputación de Pontevedra tende a man a todas as administracións implicadas na candidatura de Balaídos a sede do mundial para colaborar en todas as accións que sexan necesarias para que o estadio da cidade olívica cumpra os requisitos esixidos pola FIFA, o máximo organismo do fútbol mundial, para acoller partidos deste campionato de seleccións masculinas.

Unha decisión que xa quedou clara o pasado mércores cando a Deputación participou nunha reunión de traballo con representantes da Real Federación Española de Fútbol, da Federación Galega de Fútbol do Real Club Celta de Vigo, da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo para traballar na candidatura de Balaídos.

“O deporte é unha área estratéxica para este goberno. A través do fomento do deporte non só melloramos a saúde da nosa poboación senón que dinamizamos a actividade económica e seguimos a consolidar a provincia como potencia turística”, argumentou Luis López as razóns polas que a Deputación apoia a candidatura de Balaídos. “Na Deputación queremos que o mundial se xogue na nosa provincia e imos traballar e cooperar para conseguilo”, rematou

Deja una respuesta