Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Los Taxis de Vigo amplían su apuesta por el Xacobeo y ya son 220 los vehículos que divulgan el año santo en la ciudad

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agradeceu a Radio Taxi que se sume á iniciativa para contribuír ao desenvolvemento turístico da cidade e á posta en valor do Camiño Portugués da Costa

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou este luns dun novo acordo cos taxistas vigueses para a divulgación do Xacobeo 21-22. Esta nova alianza, na que se inclúen 120 vehículos de Radio Taxi, eleva a colaboración entre a Xunta e os colectivos taxistas da cidade ata os 220 coches rotulados co emblema do Ano Santo.

Nun acto celebrado ás portas da Delegación da Xunta, a representante autonómica agradeceu a implicación do colectivo Radio Taxi e o seu presidente, Carlos Izquierdo, na iniciativa e a súa contribución ao desenvolvemento turístico de Vigo e posta en valor do Camiño Portugués da Costa.

“Hostaleiros, comerciantes e taxistas axudan a sinalizar a ruta xacobea ao seu paso pola cidade e a guiar aos peregrinos”, indicou Fernández-Tapias. A delegada volveu a lamentar unha vez máis que Vigo sexa a única cidade europea na que non se permiten colocar indicativos do Xacobeo e que o Concello se manteña instalado nunha oposición frontal a todo aquelo que teña que ver co Xacobeo e o Camiño.

Destacou tamén que as campañas de promoción do Xacobeo encádranse no compromiso da Xunta co desenvolvemento turístico de Vigo, como o demostra o feito de que o ano pasado abrira o primeiro albergue público da cidade.

Ademais, lembrou que tamén existen outras iniciativas de promoción do Camiño Portugués da Costa, que ao seu paso pola comarca de Vigo atrapa cada vez a máis visitantes, como o patrocino de eventos culturais, rutas marítimas ou concertos.

Deja una respuesta