Vigo, Galicia
Política

Los diputados nacionales del PP de Pontevedra muestran su apoyo a los autónomos de la provincia que están sufriendo caídas de facturación, suba de gastos y ahora verano incrementadas las cuotas en el próximo año

  • Os deputados visitaron a tenda “Chic Home”, en Vilagarcía de Arousa, onde a súa propietaria, agradeceulles que “partidos como o PP pensen en nós para que haxa máis xente que se anime a emprender. Eu animo moito a que a xente emprenda. Pero para iso téñennos que deixar traballar, que é o que nós queremos. Nós queremos traballar”, indicou.
    O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones do Goberno de España tentou incrementar as cotizacións cara ao 2026 con subas de entre o 4% e o 35% e tivo que rectificar pola presión dos autónomos e da oposición. Esta rectificación do Goberno non nace da convicción, senón da presión dos autónomos e da oposición.
    3 de cada 4 autónomos afirman que os seus gastos aumentaron o pasado ano, o 38,3% veu reducida a facturación e o 45,3% declarase afectado pola morosidade, e aínda así o Goberno pretende subirlle as cuotas.
video
play-sharp-fill

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón amosaron o seu apoio aos máis de 68.000 traballadores por conta propia da provincia que están sofrindo caídas de facturación, suba de gastos e agora verán incrementadas as cuotas no vindeiro ano.
A deputada Irene Garrido, explicou que os autónomos xogan un papel moi importante porque sosteñen o emprego, dinamizan a economía e son os autores do progreso da sociedade. “Se lles deixan traballar. Pero, ultimamente, desgraciadamente, non está a ocorrer isto. Non se lles está deixando traballar porque se lle poñen moitos obstáculos máis que axudarlle. E por iso, o PP expón

unha serie de axudas que se recollen nun plan que é moi claro e ademais moi ambicioso”, indicou a deputada nacional.
Irene Garrido explicou que o plan do PP para os traballadores autónomos propón exencións das cotizacións á seguridade social para os autónomos durante dous anos despois da baixa por paternidade e maternidade, así como exencións das cotizacións durante os períodos de enfermidade grave que lles impidan traballar. As propostas do PP tamén inclúen facilitar o traballo despois da idade de xubilación, equiparar os dereitos á lactación materna e mellorar o proceso de compatibilización do traballo por conta propia co traballo asalariado.

Estas medidas son esenciais para protexer, promover e apoiar os traballadores autónomos. E complementan outras xa anunciadas, como a exención do IVE aos autónomos se a súa facturación é inferior a 85.000 €, unha cotización á seguridade social a tipo cero para os novos autónomos, unha redución das declaracións anuais da renda e un ano de exención das cotizacións á seguridade social para o primeiro empregado contratado”, indicou Irene Garrido

Os deputados visitaron a tenda “Chic Home”, en Vilagarcía de Arousa, onde a súa propietaria, Marta, agradeceulles que “partidos como o PP empecen a pensar, sobre todo en nós, para que haxa máis xente que se anime a emprender. Eu animo moito a que a xente emprenda. Pero para iso téñennos que deixar traballar, que é o que nós queremos. Nós queremos traballar”, indicou Marta.

“As medidas fiscais actuais para a maioría son demasiado abusivas e moitas veces o que nos fan é darnos por vencidos, quitarnos esas ganas de traballar. Somos moitísimos empresarios neste país Reitero, necesitamos que nos deixen traballar. Para iso, fiscalmente, eu creo que nos teñen que axudar un pouquiño máis. As medidas que propón o PP creo que poden ser moi efectivas na situación que estamos actualmente”, destacou a autónoma vilagarcián

Suba cuotas
O Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones do Goberno de España fixo unha proposta para incrementar de xeito brutal as cotizacións sociais dos traballadores autónomos de cara ao ano 2026 consistente en subas de entre o 4% e o 35% que suporían entre 17 e 206 euros mensuais máis para estes pequenos empresarios.

Dita medida xerou o absoluto rexeitamento por parte dos 3,5 millóns de traballadores por conta propia que hai en España, que expresaron o seu malestar por esta nova suba de carácter fiscal a través das súas asociacións e representantes. Así, a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores

Autónomos (ATA) calificouna de desproporcionada e de medida de asfixia para o sector, semellando buscar a súa desaparición e rematar co emprendemento en España

Pero o Goberno de España non atendeu ás demandas dos autónomos e seguiu co seu plan para recadar 6.000 millóns de euros anuais máis ata que tivo que desistir tras comprobar que non tiña os apoios parlamentarios para sacar adiante esta medida no Congreso dos Deputados nunha mostra máis da súa soidade e illamento. Pero esta rectificación do Goberno non nace da convicción, senón da presión dos autónomos e da oposición.

En todo caso, e lonxe de renderse, fixeron unha nova proposta consistente na conxelación das cotizacións sociais para os autónomos con ingresos inferiores aos 1.166€ mensuais e subas de entre o 1% e o 2,5% para os que se sitúen nos demais tramos de rendas.
“3 de cada 4 autónomos afirman que os seus gastos aumentaron o pasado ano, o 38,3% veu reducida a facturación e o 45,3% declarase afectado pola morosidade, e aínda así o Goberno pretende subirlle as cuotas”, lamentaron os populares

Deja una respuesta

Hide picture