Vigo, Galicia
Vigo

Los centro C.I.F.P. Valentín Paz Andrade y IES Ricardo Mella de Vigo, galardonados en los Premios a proyectos de innovación en la FP de la Xunta de Galicia

— O obxectivo destes galardóns é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades

— A esta convocatoria, dotada con 840.000€, presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores

Valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiro

A Xunta de Galicia vén de resolver os Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, cos que se recoñece o traballo de 45 centros, entre coordinadores e colaboradores. A relación de iniciativas galardoadas pode consultarse no Portal Educativo.

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica total de 840.000€, é potenciar as iniciativas innovadoras no ámbito da FP, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento.

A esta convocatoria presentáronse un cento de proxectos, superando a participación de anos anteriores, con 49 centros coordinadores, 64 centros participantes, 167 entidades colaboradoras e máis de 250 docentes implicados. O maior aumento de propostas produciuse na modalidade B, correspondente a proxectos de innovación didáctica cun total de 55 proxectos presentados, fronte os 45 de innovación tecnolóxica ou científica.

Nesta convocatoria valorouse o potencial dos proxectos presentados para ser continuados desde o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para dar lugar a iniciativas de emprendemento no seu viveiro industrial, como promotor da innovación aplicada na FP galega.

Innovación tecnolóxica ou científica

Do total dos premios, 17 son para proxectos da modalidade A, que teñen como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. As iniciativas debían estar orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e a contorna produtiva, así como ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron premiados os seguintes proxectos:

Provincia Concello Centro coordinador Proxecto

A Coruña A Coruña CIFP Someso Adestrador de procedemento cirúrxico con aditiva

A Coruña Carballo IES Monte Neme REDICIR rede de dixitalización na economía circular. Aplicacións no sector primario

A Coruña Culleredo CIFP Universidade Laboral Simulador de subestación de intemperie de alta tensión

A Coruña Ferrol CIFP Ferrolterra ECOGREL

A Coruña Pontedeume CIFP Fraga do Eume Bean to bar. Os nosos bombóns

A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Da presa á mesa: Prototipo de planta potabilizadora móbil

A Coruña Santiago de Compostela CIFP Compostela Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato

Lugo Lugo CIFP As Mercedes Design Thinking, o deseño como ferramenta de transformación. Tecnoloxías Fab Lab en contornas colaborativas.

Lugo Lugo CIFP Politécnico de Lugo Sistema de movemento e posicionamento por levitación magnética

Lugo Viveiro IES María Sarmiento Coches iónicos made in Galicia

Ourense Ourense CIFP Portovello Uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en aplicacións de selección de persoal

Ourense Ourense CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel Valoración e atención do paciente: aplicación de protocolos de actuación mediante realidade virtual 3D

Ourense Vilamarín IES de Vilamarín Experiencia gastronómica multisensorial

Pontevedra Marín IES Chan do Monte A lámpada de IAladina

Pontevedra Ponteareas CIFP A Granxa Elaboración de licores de expedición de escumosos a base de viños doces de castes autóctonas e destilados galegos

Pontevedra Pontevedra CIFP Carlos Oroza OrozaLab-Produtos culinarios liofilizados 6ªGama

Pontevedra Vigo CIFP Valentín Paz Andrade Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde

Innovación didáctica

No caso dos proxectos de innovación didáctica, outórganse 19 galardóns. Nesta modalidade as iniciativas debían ter como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais.

Neste sentido, pedíase que estivesen orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais debían ser doadamente trasladables a outros centros educativos onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

A relación de iniciativas galardoadas é a seguinte:

Provincia Concello Centro coordinador Proxecto

A Coruña A Coruña CIFP Ánxel Casal – Monte Alto Análise teórico-práctica da calidade do aire na cidade de A Coruña a través da biomonitorización

A Coruña A Coruña CIFP Paseo das Pontes Avanzando por unha industria téxtil máis sostible. Coiro de pel de peixe curtido de forma natural

A Coruña A Coruña CIFP Imaxe e Son E agora que? Podcast ponte entre o espazo educativo e o mundo profesional. Aplicacións didácticas

A Coruña Betanzos IES As Mariñas Maqueta didáctica funcional de vehículo eléctrico Renault Zoe, xestión de avarías bluetooth e realidade aumentada

A Coruña Cedeira IES Punta Candieira REAMCO1: Realidade aumentada en comunicación e sociedade nos ciclos de Grao Básico

A Coruña Fene IES de Fene Desenvolvemento de postos de soldadura tradicional e simulada con posicionadores adaptables

A Coruña Ferrol CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro Xogo competitivo de elaboración, ataque e monitorización de aplicacións vulnerables para a aprendizaxe do desenvolvemento seguro

A Coruña Ferrol CIFP Ferrolterra Estudo, deseño e transformación dunha moto de combustión a moto eléctrica

A Coruña Ferrol CIFP Leixa Recuperación, mantemento e almacenamento mediante criofilización, dun cultivo celular de Sacharomyces sp. empregada na elaboración dunha cervexa artesanal

A Coruña Santiago de Compostela IES San Clemente Repositorio de escenarios prácticos para despregue de infraestruturas en virtualización, contedores, cloud computing e exercicios de Red Team e Blue Team

A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago FreeFenestra

Lugo Lugo CIFP Politécnico de Lugo Virtual Commissioning: do xemelgo dixital a posta en marcha virtual

Lugo Lugo CEE Santa María Creando un patio para todos

Lugo Ribadeo CIFP Porta da Auga Construción dunha maqueta sobre o sistema de freado ABS

Lugo Vilalba IES Lois Peña Novo Maqueta Pila de combustible de hidróxeno

Ourense Ourense CIFP A Farixa Aula tecnolóxica de enerxías renovables en contedor marítimo acondicionado

Ourense Ourense IES O Ribeiro Nova olivicultura galega: AOVE galego de calidade

Pontevedra Pontevedra IES Montecelo Ensaio de determinación da agudeza visual na discriminación das cores e problemas na percepción das cores

Pontevedra Vigo IES Ricardo Mella MeteoLoRa

Deja una respuesta