Vigo, Galicia
Vigo

El Álvaro Cunqueiro entre los 5 hospitales europeos elegidos como centro de formación radiológica

O servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro entrou no ranking dos 5 mellores hospitais europeos, seleccionados pola Sociedade Europea de Radioloxía (ESR) para o inter-cambio de becas de formación académica en toda Europa (European School of Radiology). De feito, é o único centro de España elixido para impartir esta formación superespecializada, xunto a 1 hospital de de Francia, 2 de Gran Bretaña e 1 de Suiza. Así, nas próximas datas se seleccionaran en función do Curriculum Vitae a aquel/es radiólogos para que veñan a formarse a Vigo.

É un orgullo ser seleccionado como centro formador, xa que na elección valoráronse diferente criterios, como a importante dotación de equipamento radiolóxico dispoñible; a gran capacitación dos nosos profesionais, cunha acreditada experiencia no desenvolvemento das novas técnicas; así como o elevado volume de actividade realizada”.

Milagros Otero, doutora e xefa de sección da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria

Radioloxía de vangarda

Ao longo dos últimos anos, o servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro ten feito un traballo recoñecido en moitos ámbitos. Está presente nos congresos nacionais e internacionais da especialidade. O feito de dispoñer de todas as técnicas avanzadas de diagnóstico -nas cales se inclúen as últimas ferramentas de Intelixencia Artificial- e a posta en marcha da Unidade de Investigación en Radioloxía, o converte nun servizo referente ao que enviar a formarse os radiólogos e radiólogas do futuro.

Unha vez máis ponse de manifesto que a radioloxía do CHUVI sitúase nos máis altos estándares da radioloxía europea, e isto é posible polo gran traballo en equipo realizado polos radiólogas e radiólogos, xunto co persoal técnico e de enfermería deste servizo»

Xan Vieito, doutor e xefe do servizo de Radiodiagnóstico

Deja una respuesta