Ao longo da mañá de hoxe os socorristas acuáticos da praia de O
Vao, informaron da aparición de dous exemplares de «Carabela Portuguesa» (Physalia physalis).
Por este motivo, o Concello de Vigo decidiu colocar a bandeira amarela de precaución e instou
aos socorristas a reforzar a atención ante calquera novo avistamento. O servizo informará
durante o día a través da megafonía desta circunstancia para que os bañistas extremen a
precaución.
Recoméndase evitar tocalas para devolvelas ao mar, xa que poden xerar síntomas como a
irritación da pel e problemas respiratorios. Ante calquera dúbida débese consultar ao servizo de
socorrismo e salvamento, e en caso de estar fora do seu horario, avisar a Policía Local.
Vigo
Localizan dos ejemplares de carabela portuguesa en playa del Vao obligan a poner la bandera amarilla
- agosto 3, 2023
- 0 Comentarios
- hace 3 años
Comparte esta noticia:
Noticias relacionadas
General, Vigo
HermesTV pregunta Abel Caballero si va recibir a los trabajadores de Vitrasa
diciembre 15, 2021
