Vigo, Galicia
Vigo

El barrio de Teis lleva 10 años esperando por una biblioteca.  

A Asociación Veciñal de Teis,  coincidindo coa celebración do día do Libro este 23 de abril, quer denunciar que levamos 10 anos agardando pola construción da biblioteca para a parroquia, anunciada por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, nas olimpíadas escolares de Teis.   

Desde a Asociación levamos anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca e propoñendo que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Unha biblioteca con libros

Defendemos que neste edificio acolla unha biblioteca do século XXI. Queremos que  este edificio conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como pretende o  goberno municipal.

10 anos de anuncios e promesas

Despois de 10 anos e de que Abel Caballero, citara o proxecto publicamente en 20 ocasións,   só hai anuncios e infografías, de feito  o último anuncio é que a biblioteca  estaría en funcionamento en 2022, pero a día de hoxe aínda, nin se comezou o derrubo do actual edificio, nin hai unha data para o comezo das obras e non coñecemos  cal é o proxecto  definitivo para este edificio.

Deja una respuesta