Vigo, Galicia
Galicia General

La Xunta valora la retirada de la mascarillas en el exterior, y pide al gobierno central claridad en las recomendaciones de uso en espacios abiertos

  • Galicia solicita que se explique con precisión en que momentos e circunstancias vaise recomendar o seu uso ao aire libre e que aclare a utilización da mesma en concertos, entradas e saídas de eventos, actividades deportivas e patios escolares e outros espazos abertos, independentemente do número de persoas que se concentren
  •  O Goberno galego aposta pola relaxación do uso da máscara en exteriores e considera que todas as Comunidades deben ter as mesmas normas para non entrar en contradicións, polo que reclama un criterio claro e oficial de cara a adoptar as medidas oportunas en eventos próximos como o Entroido

A Xunta de Galicia valora que o Goberno central atendera a petición de que se relaxara o uso da máscara en exteriores, coincidindo coa mellora epidemiolóxica das últimas semanas.

Aínda que lamenta que este tema non se explicara de xeito detallado no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde que tivo lugar onte, considera que a revisión do uso da máscara no exterior é unha medida necesaria e xustificada ante o actual contexto sanitario.

Ante a nova normativa anunciada polo Executivo estatal no día de hoxe, o Goberno galego solicita que se explique con precisión e claridade os momentos e as circunstancias nas que se vai recomendar o seu uso en espazos abertos. Así, opina que a norma estatal ten que especificar de forma concreta os casos e as condicións nas que avoga por manter a máscara en exteriores tanto en concertos, entradas e saídas de eventos, actividades deportivas e patios escolares entre outros espazos abertos, independentemente do número de persoas que se concentren.

Neste sentido, o Goberno galego aposta pola relaxación do uso da máscara en exteriores e considera que todas as Comunidades deben ter as mesmas normas para non entrar en contradicións, polo que reclama un criterio claro e oficial de cara a adoptar as medidas oportunas en eventos próximos como o Entroido, e para seguir trasladando unha mensaxe de responsabilidade á poboación.

People g5fe2555f6 640

Deja una respuesta