Vigo, Galicia
Galicia

La Xunta recomienda pautas para prevenir las bajas temperaturas de hoy viernes y de mañana sábado

― As temperaturas serán escasas xa durante a xornada de hoxe e, ademais, a sensación térmica estará en xeral bastante por debaixo do que marque o termómetro debido ao vento intenso

― Este episodio de frío será breve e irá remitindo o propio sábado a partir do mediodía, xa que os ventos cambiarán a suroeste e achegarán aire máis húmido, pero tamén máis morno

― O domingo, a temperatura será xa normal ou mesmo elevada para esta época do ano

Debido ao descenso das temperaturas durante hoxe e mañá, a Consellería de Sanidade da Xunta advirte á poboación galega da necesidade de tomar as medidas axeitadas para evitar ou reducir o impacto negativo das baixas temperaturas no organismo, especialmente, na poboación máis vulnerable.

Así, segundo comunica MeteoGalicia, a nosa comunidade atoparase durante a xornada de hoxe, e nas primeiras horas do sábado, entre dous centros de acción. Por unha banda, temos altas presións centradas nas Azores entrando en forma de cuña sobre o Golfo de Biscaia e, por outro lado, unha borrasca desenvolvéndose no centro da península Ibérica, denominada borrasca Juan. Isto conforma un corredor de isóbaras que deixa ventos intensos do nordés e achega aire frío procedente do continente europeo.

As temperaturas serán escasas xa durante a xornada de hoxe e, ademais, a sensación térmica estará en xeral bastante por debaixo do que marque o termómetro debido ao vento intenso. Os valores seguirán descendendo e serán particularmente baixos na madrugada do sábado. Nese intervalo, quedaremos na influencia do anticiclón, polo tanto con ceos despexados. Ademais, os ventos do nordés perderán moita intensidade. A combinación de aire frío, ceo despexado e vento débil propiciará una madrugada do sábado moi fría, con xeadas xeneralizadas mesmo ao nivel do mar.

Este episodio de frío será breve. Irá remitindo o propio sábado a partir do mediodía, xa que os ventos cambiarán a suroeste e achegarán aire máis húmido, pero tamén máis morno, que suavizará moito os valores de temperatura e desembocarán nun domingo de temperatura xa normal, ou mesmo elevada para esta época do ano.

Principais recomendacións

As principais recomendacións para previr os efectos negativos para a saúde das baixas temperaturas son:

• Usar roupa non apertada e que transpire. Empregar varias capas de roupa lixeiras superpostas en lugar dunha soa de tecido groso.

• Prestar especial atención á protección da cabeza, o pescozo, os pés e as mans, porque son as zonas máis sensibles e de maior perda de calor.

• Empregar roupa de abrigo resistente ao vento e á humidade e calzado impermeable e antiescorregadiza.

• Procurar permanecer seco, xa que a roupa mollada arrefría o corpo rapidamente.

• En caso de ter que realizar un traballo físico baixo o frío, debe facerse con precaución, suavemente, procurando non esgotarse, especialmente se se sofre algunha doenza de tipo cardiorrespiratorio ou hipertensión.

• Respirar polo nariz e non pola boca, xa que o aire quéntase ao pasar pola fosas nasais e así diminúe o frío que chega aos pulmóns.

• Beber líquidos quentes e azucrados, salvo contraindicación médica e evitar as bebidas alcohólicas.

• Extremar as precaucións no caso de que haxa xeo na rúa, para evitar caídas que poden producir fractura de cadeira ou doutros ósos.

• Manter o contacto coas persoas consideradas máis vulnerables (chamadas ou visitas) para valorar a súa situación concreta e previr efectos graves das baixas temperaturas.

• Consultar co persoal sanitario de referencia, co 061 ou o 112 en caso de ser necesario. Mais información na páxina web do departamento sanitario galego.

Deja una respuesta

Hide picture