Vigo, Galicia
General Vigo

La Xunta prepara una jornada de puertas abiertas y actividades para la niños para dar a conocer a los vigueses el nuevo albergue público de peregrinos

  • A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinala que o próximo martes, coincidindo coa inauguración do edificio no Berbés, se organizarán talleres e actividades lúdicas relacionadas co Camiño Portugués da Costa e o Xacobeo
  •  Este novo aloxamento, tras unha inversión de 1,6 millóns de euros, permitirá acoller a 93 persoas nun edificio de seis plantas dando resposta á demanda de peregrinos

– A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe que o Executivo autonómico, con motivo da inauguración do albergue de peregrinos de Vigo o vindeiro martes 29 de xuño, prepara unha xornada de portas abertas e actividades para a cativada co obxectivo de que os vigueses e as viguesas coñezan o novo aloxamento.

Segundo indicou, tras o acto institucional no quedará inaugurado o albergue Juan Manuel López-Chaves na praza do Berbés, en horario de 12,00 a 13,30 horas e de 17,30 a 20,30 horas, se organizarán talleres participativos e actividades lúdicas relacionadas co Xacobeo e a ruta de peregrinación que atravesa a cidade. Fernández-Tapias invitou así á veciñanza de Vigo, familias e nenos e nenas de todas as idades, a coñecer o novo edificio e tomar parte nos obradoiros participativos e xogos que estarán dispoñibles durante toda a xornada con entrada libre.

Entre as actividades, destacou a ginkana polo Camiño Portugués da Costa, cun circuíto de habilidade que reproduce, coas tradicionais mouteiras, o trazado desta ruta ao seu paso pola cidade e que terá lugar en horario de mañá. Asemade, quen se achegue ata a praza do Berbés, no exterior do albergue, poderá participar nos talleres de pintado de madeira, de origami ou de estampaxe de follas autóctonas do Camiño.

A proposta inclúe tamén talleres tecnolóxicos para dar a coñecer as ferramentas dixitais habilitadas pola Xunta e relacionadas co Camiño, de deseño de chapas e selos de madeira coa sinaléctica oficial e xogos de construción e 3D. Todo isto amenizado con representacións de teatro, danza, malabares e zancudos.

A representante autonómica fixo fincapé no compromiso do Executivo galego para que a cidade contase co albergue de peregrinos que se merece e no que investiu 1,6 millóns de euros, ao tempo no que destacou os beneficios que reporta o Camiño ás economías locais, máis aínda cando coménzase a albiscar a recuperación de peregrinos nas rutas de xacobeas cun notable incremento xa neste mes de xuño. “En Vigo seguimos preparándonos para aproveitar a oportunidade que suporá este dobre Ano Santo e que se estenderá ata o 2022”, dixo.

O aloxamento do Berbés permitirá así acoller a 93 persoas nun edificio de seis plantas cunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. “Unha nova infraestrutura coa que a Xunta contribúe a transformar a cidade e, nomeadamente, a mellorar a experiencia xacobea”, concluíu Fernández-Tapias.

Deja una respuesta