Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta potencia la capacidad diagnóstica de los centros de salud del área sanitaria de Vigo con una inversión de casi 3 m€.

A compra permitirá que todos os servizos de atención primaria conten cun ecógrafo e que todos os centros de saúde dispoñan de dispositivos multidiagnóstico e de sistemas de monitorización ambulatoria da presión arterial

Tamén inclúe 25 retinógrafos e mobiliario clínico consistente en 373 padiolas de transporte, de exploración xeral, de fisioterapia e de exploración xinecolóxica

Esta medida do Goberno galego enmárcase no obxectivo da Xunta de mellorar a capacidade diagnóstica do primeiro nivel asistencial

O Servizo Galego de Saúde dotará aos centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo de novo equipamento electromédico e mobliliario clínico co obxecto de seguir potenciando a capacidade diagnóstica da Atención Primaria.

O Consello da Xunta ven de aprobar esta contratación, que supón un investimento de 2,862.733 euros na Área viguesa.

Así, este equipamento inclúe 25 retinógrafos, 40 ecógrafos portátiles con intelixencia artificial integrada, 100 sistemas de monitorización ambulatoria da presión arterial, e 60 dispositivos multidiagnóstico de monitorización automatizada de constantes vitais para os centros de atención primaria da Área Sanitaria de Vigo. Tamén inclúe mobiliario clínico consistente en máis de 373 padiolas de transporte, de exploración xeral, de fisioterapia e de exploración xinecolóxica.

A intención do Goberno galego é dotar a todos os centros de saúde de Galicia duns novos dispositivos multidiagnóstico, que van permitir, a través dunha táblet con distintos complementos, realizar co mesmo aparello distintas probas diagnósticas: electrocardiogramas e medicións da presión arterial para previr ou controlar problemas cardiovasculares; control do índice nocello-brazo para previr trombos; ou espirometrías para diagnóstico e seguimento de patoloxías respiratorias.

Tamén vaise dotar a todos os centros de saúde que aínda non conten con el, de dispositivos de monitorización ambulatoria da presión arterial, que o paciente leva para casa durante un ou dous días completos da súa vida cotiá, e permite diagnosticar a existencia ou a evolución de hipertensión, unha das patoloxías crónicas máis prevalentes en Galicia.

Así, con esta nova licitación o Goberno galego completará a dotación de retinógrafos e ecógrafos iniciada co Plan Galego de Atención Primaria de 2019. Ao final deste proceso todos os servizos de atención primaria disporán dun ecógrafo. Serán ecógrafos portátiles dotados con tecnoloxía de intelixencia artificial que irá guiando ao profesional para facer a mellor exploración posible.

Todos estes dispositivos completamente integrados co sistema de historia clínica electrónica de Galicia. Polo tanto, facilitando o volcado de datos automático na aplicación para o seguimento

multidisciplinar do paciente polo equipo de atención primaria ou, se fose preciso, con apoio de consulta hospitalaria.

Incrementar a capacidade resolutiva

Esta contratación enmárcase no obxectivo da Xunta de Galicia de mellorar a capacidade diagnóstica do primeiro nivel asistencial e aproveita os fondos do Plan de Melloras das Infraestruturas de Atención Primaria (MINAP) aprobado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, cuxo obxectivo consiste na mellora das infraestruturas dos centros de atención primaria pertencentes ao Sistema Nacional de Saúde e ampliación e renovación do seu equipamento clínico.

Trátase de dotar á totalidade de centros de saúde de novos equipos diagnósticos que melloren a súa capacidade resolutiva, para, deste xeito, facer unha mellor prevención da enfermidade e acadar diagnósticos precoces que eviten complicacións posteriores nos pacientes. Supón, ademais, levar a cabo un mellor seguimento dos pacientes crónicos e pluripatolóxicos.

Deja una respuesta