Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta muestra su apoyo al centro de atención integral Amencer – Aspace de Vigo

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita este centro que, para o vindeiro curso, gañará unha unidade de Educación Especial

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro de atención integral Amencer – Aspace para coñecer o traballo que desenvolven e anunciar que o vindeiro curso 2025/26 contará cunha nova unidade de Educación Especial. “Isto supón a entrada de novo alumnado que se atopaba en lista de espera e dar resposta ás necesidades educativas das familias da contorna, así como mellorar a atención na aula”, sinalou o representante do Goberno galego.

Neste sentido, o titular de Educación amosou todo o seu apoio a este centro, que conta con ata 60 prazas para alumnado de tres a 21 anos na súa área de Educación Especial, unha cifra que se verá incrementada o próximo curso grazas á incorporación dunha nova unidade, chegando ás sete. “É unha boa nova, e desde a Xunta traballamos da man destes centros para contribuír a mellora da calidade de vida do seu alumando”, indicou Román Rodríguez. Neste senso, aludiu á nova Estratexia galega de inclusión educativa con accións para blindar a igualdade de oportunidades cun ensino á carta adaptado ás necesidades e potencialidades de cada alumno, “no que as familias elixen a modalidade de escolarización que prefiren”.

Amencer – Aspace é un referente galego en educación, rehabilitación e innovación terapéutica para persoas con parálise cerebral e trastornos neuromotores. O centro dispón de tecnoloxía de vangarda que permite o seguimento da evolución funcional e rehabilitación personalizada, ademais de destacar os seus variados servizos cun equipo de 80 profesionais entre mestres, fisioterapeutas, logopedas e coidadores, entre outros.

La Xunta muestra su apoyo al centro de atención integral Amencer – Aspace de Vigo
La Xunta muestra su apoyo al centro de atención integral Amencer – Aspace de Vigo

Deja una respuesta

Hide picture