Vigo, Galicia
General Vigo

La Xunta invierte más de 250.000 euros en la construcción de la nueva lonja de Canido con la previsión de que entre en servicio en el segundo semestre de este año

O novo edificio pretende dar resposta ás necesidades operativas da confraría viguesa e complementa a zona de poxa cun pequeno espazo para usos complementarios

A nova edificación acollerá un espazo de vendas con cámara frigorífica e outro de lavado, un local xeral de instalacións, unha oficina para uso da confraría, vestiarios masculino e feminino e oficina para outros usos con aseo propio

A maiores, Portos de Galicia investiu preto de 150.000 euros entre os anos 2020 e 2021 para levar a cabo actuacións menores de conservación e mantemento das instalacións e da contorna, así como as obras de dragaxe do porto de Canido

A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, investiu máis de 250.000 euros nos traballos de construción da nova lonxa do peirao de Canido, en Vigo, unha actuación que está previsto que entre en servizo no segundo semestre deste ano.

O novo edificio, que conta cunha superficie de 130 metros cadrados, pretende dar resposta ás necesidades operativas da confraría local e complementa a zona de poxa cun pequeno espazo para usos complementarios, de acordo co demandado polos actuais usuarios. Trátase dunha edificación dunha única altura con características similares ás da súa contorna para mellorar a súa integración.

A nova lonxa acollerá unha zona de vendas con cámara frigorífica e outra de lavado, un local xeral de instalacións, unha oficina para uso da confraría, vestiarios masculino e feminino e oficina para outros usos con aseo propio. O acceso á zona de venda consistirá nun soportal de 12 metros cadrados que facilitará a carga e descarga de mercadorías.

A Xunta licitou o pasado ano estes traballos de construción da nova lonxa despois de que o anterior edificio sufrira danos na súa cuberta en febreiro do 2019 e tivese que ser derrubado integramente. Así, este novo edificio supera lixeiramente as medidas do orixinal e ten en conta as novas regulamentacións en materia de eficiencia enerxética, renovación do aire e accesibilidade, entre outras.

A maiores, Portos de Galicia realizou outros investimentos en Canido como a dragaxe do porto cun orzamento de arredor de 150.000 euros, así como outras actuacións menores de conservación e mantemento das instalacións e da contorna

Deja una respuesta