Vigo, Galicia
General Vigo

La Xunta elimina un punto de vertido de aguas residuales al río Lagares en Vigo

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos localizaron a achega tras recibir a notificación desde o Servizo de Emerxencias do 112

O vertido tiña orixe nunha deficiencia na rede de saneamento municipal que discorría pola rúa Baixada a Pontenova, que ocasionaba filtracións de augas residuais urbanas cara ao curso fluvial a través do propio muro de encanamento do río

Augas de Galicia notificoulle ao Concello esta situación e solicitoulle a adopción de medidas para emendar a achega contaminante

Os técnicos da Xunta constataron recentemente o cese do vertido, tras a reparación da infraestrutura de saneamento municipal

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas cara ao río Lagares, no concello de Vigo.

As actuacións iniciáronse no transcurso da inspección levada a cabo por parte dos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, tras a notificación desde o Servizo de Emerxencias do 112 dun vertido na parroquia de San Tomé do Freixeiro que afectaba ao río.

Os técnicos da Xunta desprazados á zona localizaron a orixe da afección denunciada nunha deficiencia na rede de saneamento municipal que discorría pola rúa Baixada a Pontenova, que ocasionaba filtracións de augas residuais urbanas cara ao curso fluvial a través do propio muro de encanamento do río.

Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Vigo para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.

Nunha nova inspección xirada á zona con posterioridade, os técnicos da Xunta corroboraron a reparación da infraestrutura de saneamento municipal, emendando así o vertido en condicións inadecuadas cara ao dominio público hidráulico.

Deja una respuesta

Hide picture