Vigo, Galicia
Galicia Política Vigo

La Xunta desmiente a Caballero que no hay resolución con el Cíes Market

Respecto das declaracións respecto do requerimento sobre o mercado de Nadal de Vigo, a Xunta quere aclarar que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural recibiu o pasado 1 de decembro de 2022 por rexistro a denuncia do BNG na que instaba a actuar de oficio sobre a instalación do Cíes Market nos xardíns da Alameda de Vigo

Como marcan os procedementos, Patrimonio Cultural comunicou ao Concello de Vigo as dilixencias informativas de apertura de expediente sancionador

En datas 27 e 29 de decembro o Concello de Vigo remitiu alegacións a Patrimonio Cultural sinalado que se trataba de obras menores

O 14 de marzo o Servizo de Patrimonio Cultural de Pontevedra emite informe técnico da arquitecta e o día 24 de marzo remítese copia do informe ao Concello de Vigo solicitando que acheguen:

  • Proxecto técnico das instalacións
  • Condicións establecidas para a utilización do espazo, actividades a desenvolver, limitación de aforo, etc.
  • Medios dispostos para a vixiancia do ben
  • Período no que permaneceron montadas as instalacións.
  • Informe da arqueóloga municipal

A día de hoxe non existe aínda unha resolución sobre o expediente e no momento actual tramítanse dilixencias previas

Como calquera outra administración pública a Xunta debe ser respectuosa co marco normativo para conservar o patrimonio de todos os cidadáns

Deja una respuesta