Vigo, Galicia
General Portada

La Xunta de Galicia viene de recibir en el día de hoy 57.330 dosis de la vacuna de Pfizer y 3.220 de la de Moderna

  • Da vacina de AstraZeneca non se recibiu ningunha dose

A Xunta de Galicia recibiu, no día de hoxe, un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna. Da vacina de AstraZeneca non se recibiu ningunha dose.

Esta semana, a Xunta de Galicia continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade. Continuarase, tamén, coa vacinación de grandes dependentes.

A Consellería de Sanidade lembra, así mesmo, que mañá martes, día 30 de marzo, en horario de mañá, volverá a ter lugar unha nova xuntanza do comité clínico que asesora ao Goberno galego nas medidas a levar a cabo para loitar contra a covid.

Nesta nova reunión do comité volveranse analizar os datos epidemiolóxicos do conxunto dos concellos galegos, así como os datos da presión asistencial nas distintas áreas sanitarias, para, en consecuencia, adoptar as medidas oportunas.

Deja una respuesta

Hide picture