Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta de Galicia impulsa 4 millones de fondos europeos para los planes de sostenibilidad turística destinados a la villa de Bouzas y a la enogastronomía en Vigo

  • Dos millones de euros para la puesta en valor del casco histórico*boucense, y otros dos para promover un plan gastronómico, en el marco de los planes territoriales diseñados por la Xunta de Galicia de Villas Termales y Cascos Históricos y de Enogastronomía
  • La delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, destaca la importancia de los acuerdos autorizados por el Consello da Xunta para la ciuda
  • «El Gobierno autonómico veló para que los proyectos cumplieran los requisitos europeos y fueran bien planificados y justificados en el marco de la convocatoria», indica Ortiz
  • El programa para Bouzas incluye espacios verdes, plan piloto de residuos, sistema inteligente de iluminación, promoción digital y recreaciones virtuales

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este xoves que o Goberno galego impulsa, a través de Turismo de Galicia, un total de 4 millóns de fondos europeos Next Generation para que Vigo poña en marcha dous plans de sustentabilidade turística destinados ao barrio vigués de Bouzas e outro ao proxecto enogastronómico solicitado polo Concello. Ambos os plans están convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e se executarán ao abeiro dos fondos europeos Next Generation no marco dos Plans Territoriais deseñados pola Xunta de Vilas Termais e Cascos Históricos e no de Enogastronomía.

A representante autonómica lembrou que o Consello da Xunta xa aprobou a pasada semana o as primeiras actuacións do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Vilas Termais e Cascos Históricos da Xunta, no que está incluído o referente a Bouzas, que ten unha achega de 2M€. Tamén avanzou que a vindeira semana será a quenda da autorización do convenio para o Plan de Sustentabilidade Turística para o Concello de Vigo por outros 2M€, incluído no Plan Territorial de Sustenibilidade Turística de Enogastronomía impulsado polo Goberno autonómico.

“A Xunta promove os fondos europeos para que Bouzas reciba un impulso importante para a súa promoción e durante o proceso velou para que fose a un proxecto ben planificado e xustificado no marco da convocatoria”, sinalou Ana Ortiz. Entre outras accións, o plan inclúe a rexeneración do paseo do fronte marítimo do barrio vigués e a creación de novos espazos verdes. Ademais, tamén están previstas actuacións para a humanización da rúa do Pazo.

Catro eixos definidos

A intervención proposta baséase en catro eixos definidos co fin de consolidar un circuíto de transformación e dinamización do emblemático casco histórico da parroquia que tivera consideración de municipio a mediados do século XIX. Así, a través da súa rehabilitación e articulación, o obxectivo é xerar espazos de convivencia entre turistas e residentes.

O acordo para Bouzas está enmarcado no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Vilas Termais e Cascos Históricos que a Xunta de Galicia aprobou o ano pasado para desenvolver desde este ano 2024 cun investimento global de 23M€ con fondos Next Generation. Este Plan territorial

galego engloba oito estratexias de sustentabilidade -como a de Bouzas- en medio cento de concellos así como outras medidas para o impulso do termalismo e cascos históricos, como liñas de axuda, entre outras accións.

Ademais deste plan co Concello de Vigo, tamén se inclúen os que se irán autorizando proximamente como o do centro histórico de Ferrol e Patrimonio militar da Costa Ártabra; o plan Mar de Santiago; e os do centro histórico de Betanzos, da Deputación de Ourense, o de Tui, Allariz destino sostible e Ribeira Sacra. O Plan territorial inclúe, ademais, a posta en marcha de medidas destinadas ao sector e o concellos, a través de liñas de axudas que se irán deseñando ao longo deste ano.

Litoral e Enogastronomía

O Plan de Vilas Termais e Cascos Históricos no que se insire o proxecto de Bouzas é o terceiro que a Xunta de Galicia pon en marcha cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo, tras o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral (2022-2024) e o de Enogastronomía (2023-2025) e, con estes tres plans, permírese que Galicia reciba máis de 80 millóns de euros de fondos europeos.

No caso deste último, o Concello de Vigo tamén recibirá dous millóns de fondos Next Generation impulsados pola Xunta de Galicia para poñer en marcha proxectos relacionados coa mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega.

Deja una respuesta