Vigo, Galicia
General Portada

la Xunta de Galicia emitió ya más de 1,6 millones de certificados covid para ciudadanía

  • Os puntos de realización de tests de antíxenos instalados nos 14 distritos sanitarios realizaron a proba a 24.381 persoas, detectando 283 casos positivos
  •  As oficinas de farmacia integraron nos rexistros da Xunta o resultado das probas de autotest dun total de 28.063 persoas, das que 366 tiveron un resultado positivo

A Xunta de Galicia afronta a nova onda da covid con solucións innovadoras axustadas á situación epidemiolóxica actual. Entre o conxunto de novas medidas adoptadas destacan , a instalación de puntos de test de antíxenos nos distintos distritos sanitarios, ou o sistema de rexistro dos resultados dos autotest nas oficinas de farmacia. Estas e outras medidas teñen permitido equilibrar mellor a protección da saúde coa continuidade da actividade económica.

En primeiro lugar, a Xunta habilitou a emisión do certificado covid a través de varias vías: fundamentalmente a app Sergas móbil, os puntos administrativos instalados polas distintas áreas sanitarias fóra dos centros de saúde, as oficinas de farmacia ou a liña 900 400 116, na que se pode tamén solicitar a emisión de certificados de vacinación con envío por sms.

Ata o día de hoxe, a Xunta de Galicia ten emitido un total de 1.650.438 certificados covid. Deles, un total de 1.592.379 foron certificados de vacinación, uns 35.399 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 22.660 tratouse de certificados de ter superado a enfermidade.

En segundo lugar, a Xunta de Galicia ten organizado, a través das áreas sanitarias, a realización de tests de antíxenos de xeito gratuíto en puntos situados nos 14 distritos sanitarios. Ata o día de hoxe, estes puntos realizaron tests a un total de 24.381 persoas, que permitiron localizar a 283 persoas con resultado positivo.

E en terceiro lugar, tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Ata o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 28.063 persoas, que permitiron localizar a 366 persoas con resultado positivo.

Deja una respuesta