Vigo, Galicia
Galicia General

La Xunta de Galicia comienza a vacunar con la cuarta dosis de la Covid a las 22.000 personas usuarias de las residencias sociosanitarias gallegas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu hoxe á Residencia Porta do Camiño, en Compostela, con motivo do inicio da vacinación

No día de hoxe, vacinaranse ao redor de 3.700 persoas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Xuventude, Antón Acevedo Prado; asistiron hoxe pola mañá, na Residencia Porta do Camiño, en Compostela, ao inicio da vacinación da cuarta dose covid-19 nas residencias sociosanitarias.

A Xunta de Galicia comeza hoxe a vacinar coa cuarta dose da covid-19 a todas as persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, que son un total de 22.000. No día de hoxe, vacinaranse ao redor de 3.700 persoas, usuarias de 45 centros. A todos eles tamén se lles ofrece a vacina da gripe.

A previsión é que este proceso de vacinación nas residencias dure dúas semanas, momento no que se reabrirán os grandes recintos para vacinar ás persoas maiores de 80 anos e, en orden descendente, chegar ata os maiores de 60.

Segundo avance esta poboación diana, tamén se iniciará a vacinación dos profesionais sanitarios e sociosanitarios.

A nova vacina contén as variantes BA.4 e BA.5 de Omicron.

Deja una respuesta

Hide picture