Vigo, Galicia
Galicia General Política Vigo

La Xunta convoca al Ayuntamiento de Vigo para que aclare cuando finalizarán las obras del Halo y abrirá el túnel de Lepanto para liberar el acceso a la estación de autobuses

A comisión de seguimento da intermodal de Urzaiz reúnese este martes a petición do Goberno galego para confirmar o 5 de decembro como data de apertura

Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo, agarda que o Goberno municipal comprometa o desbloqueo dos accesos a finais de novembro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa remitiu este mes un oficio ao Concello marcando a posta en funcionamento da estación e catro novas paradas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou este luns de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocou ao Concello de Vigo á comisión de seguimento dos traballos de accesos e contorna da estación de autobuses.

Segundo explicou a representante autonómica, a Xunta de Galicia, o Concello e o ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) están citados para unha reunIón este martes no que se abordará como asunto principal a apertura da nova terminal de autobuses de Vigo, a coordinación coas actuaciones incluidas no convenio entre as tres administracións e coas obras do ascensor Halo.

“Agardamos que o Goberno municipal confirme que os traballos para os apeos do seu elevador finalizarán, tal e como tiñan previsto, este mes de novembro, de forma que o 5 de decembro podamos abrir a estación de autobuses, rematada e lista para entrar en funcionamento desde hai máis de cinco meses”, sinalou.

Fernández-Tapias engadiu que a Xunta xa comunicou o pasado 10 de novembro ao Concello de forma oficial a data de apertura da nova estación de autobuses o vindeiro 5 de decembro, así como as catro novas paradas nos percorridos ata a estación intermodal de Urzaiz.

Como xa explicara a delegada, será necesario que estean acabadas as obras dos apeos do ascensor Halo, que a día de hoxe bloquean os accesos, e tamén o desvío provisional de entrada e saída de autobuses para evitar as cimentacións provisionais coas que o Concello vai a construír o elevador.

Finalizada desde o 10 de xuño

A nova estación está finalizada desde hai cinco meses, posto que foi entregada o pasado 10 de xuño, tras un investimento de 18 millóns por parte da Xunta. O Goberno galego xa iniciou o proceso para desenvolver os traballos de adaptación dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral de competencia autonómica e avanzou nas reunións coas concesionarias.

No marco destes traballos detectouse a concorrencia de motivos de interese público no establecemento de catro novas paradas en zona urbana do Concello de Vigo: dúas na Avenida Gregorio Espino, unha na Avenida de Madrid e outra na Praza de España.

Cartas sen reposta

A delegada territorial lembrou tamén que desde o Concello de Vigo non responderon a ningunha das cartas enviadas os pasados 26 de xuño e 28 de xullo para coñecer as datas nas que acaban as súas obras de accesos, sen os que é imposible abrir a estación. Xa entón a responsable reclamaba que o Goberno local comunicase as datas de fin de obras e os permisos do Ministerio de Transportes, condicións que agora se cumplirían coa apertura do túnel de Lepanto.

A estación de autobuses intermodal de Vigo, que permitirá albergar dous millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións de autobuses, será o novo nó de viaxeiros do sur da Comunidade tras un investimento de 18 millóns de euros.

Deja una respuesta