Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta contribuye a eliminar un vertido de aguas residuales hacia el río Lagares, en el ayuntamiento de Vigo.

Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia no marco dos labores rutineiros de inspección que realizan na rede fluvial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais cara ao río Lagares, ao seu paso pola travesía Ponte Romana, no concello de Vigo.

O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) detectou a incidencia no marco dos labores rutineiros que realiza neste concello ao abeiro da campaña de inspección da rede fluvial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

O vertido chegaba á marxe esquerda do curso fluvial nesta rúa, onde se procedeu a tomar mostras do caudal observado. Os resultados revelaron a presenza de contaminación microbiolóxica, feito que se puxo en coñecemento do Concello para que adoptase as medidas oportunas para reverter esa situación.

A empresa concesionaria do saneamento do Concello informou da localización dunha fuga na rede de tratamento de augas residuais, que procedeu a emendar. Posteriormente, nunha nova inspección á zona, os técnicos do ente autonómico comprobaron o cese dos aportes irregulares cara ao dominio público hidráulico.

Deja una respuesta

Hide picture