Vigo, Galicia
Galicia Vigo

La Xunta comenzará esta semana actuaciones de limpieza y acondicionamiento en las carreteras autonómicas a su paso por Vigo

Executaranse traballos de axardinamento nas glorietas da estrada AC-406 en Santa Comba e iniciaranse os labores de roza nas marxes da PO-010 no concello de Vigo, así como o acondicionamento das sendas da PO-552, á altura de Coruxo

As intervencións de limpeza de marxes proseguirán noutras estradas das 4 provincias

A Xunta comezará a próxima semana actuacións de limpeza e acondicionamento en tres estradas de titularidade autonómica ao seu paso polos concellos de Santa Comba e de Vigo.

En concreto, executaranse traballos de axardinamento nas glorietas da estrada AC-406, no tramo coincidente co concello coruñés de Santa Comba.

Ao tempo, iniciaranse os traballos en dúas vías autonómicas en Vigo, realizándose labores de roza e limpeza nas marxes da PO-010 e tarefas de acondicionamento de sendas na PO-552, á altura de Coruxo.

Tamén se continuará coas tarefas xa iniciadas en semanas previas noutras estradas autonómicas das 4 provincias, como é o caso dos traballos que se están a acometer na vía de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na PO-551, en Moaña.

Ademais seguirán os traballos de roza e limpeza na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1) e na estrada LU-162, nos concellos do Valadouro e Foz.

Tamén se dará continuidade ás tarefas de limpeza nas estradas da provincia de Ourense, concretamente na OU-310, OU-540 e OU-402, ao seu paso polos concellos de Verín e Vilardevós, de Barbadás e de Cortegada, respectivamente.

Seguridade viaria

Estas intervencións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 M€, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e a mellora da seguridade viaria. As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Deja una respuesta