Vigo, Galicia
Galicia General

La Xunta aprueba el nuevo decreto de sanidad mortuoria de Galicia

A nova norma presta especial atención ás implicacións que o dereito á liberdade
relixiosa ten respecto desta materia, e contén unha regulación expresa para aqueles
enterramentos que, por motivos confesionais, teñan que realizarse en contacto coa
terra

― O texto aprobado substituirá o Decreto 151/2014 e mellorará aspectos técnicos da
regulación para adaptalos aos requirimentos sociais e técnicos existentes,
simplificando as tramitacións administrativas e incorporando as determinacións

consensuadas na Guía de sanidade mortuoria aprobada no Sistema Nacional de
Saúde

O Consello da Xunta aprobou esta mañá, na súa xuntanza semanal, o novo Decreto de
sanidade mortuoria de Galicia. Así, a nova normativa substituirá o Decreto 151/2014 e
mellorará aspectos técnicos da regulación para adaptalos aos requirimentos sociais e
técnicos existentes, simplificando as tramitacións administrativas e incorporando as
determinacións da Guía consensuada aprobada polo Sistema Nacional de Saúde.
Tras recibir o visto e prace do Consello Consultivo, e dando resposta a proposición non de
lei do Parlamento de Galicia do pasado 4 de abril de 2017, sobre a regulación dos
enterramentos sen uso de féretro -por motivos de confesionalidade-, o Executivo galego
aprobou a substitución do Decreto 151/ 2014, que até o de agora se encargaba de regular a
sanidade mortuoria e a creación do censo de empresas e establecementos funerarios na
Comunidade galega.
Neste senso, a nova norma presta especial atención ás implicacións que o dereito á
liberdade relixiosa ten respecto desta materia, e contén unha regulación expresa para
aqueles enterramentos que, por motivos confesionais, teñan que realizarse en contacto coa
terra. Nesta liña, ten en conta a posibilidade de eximir do uso de ataúde, cando así se
demande, e logo da conformidade da entidade titular do cemiterio en que se vaia inhumar.
Xa que logo, facilitará a realización de enterramentos polos ritos musulmán ou xudeu no
territorio galego, tal e como a Xunta lles trasladou aos representantes destas comunidades.
A nova regulación tamén dá resposta á necesidade de reducir o control administrativo
preexistente, optando por unha intervención máis limitada, centrada naqueles aspectos
exclusivamente sanitarios derivados da actividade funeraria, ao tempo que mantén plenas
garantías no referido á protección da saúde pública.


O texto tamén recolle un recoñecemento competencial expreso ás administracións locais,
como provedoras dos servizos públicos primarios á poboación, entre os que se inclúen os
cemiterios e as actividades funerarias, e incorpora gran parte das determinacións contidas
na Guía de consenso de sanidade mortuoria, aprobada pola Comisión de Saúde Pública do
Sistema Nacional de Saúde.
Respecto das medidas consensuadas co conxunto de representantes das comunidades
autónomas e co Ministerio de Sanidade, cómpre destacar a modificación dos tempos
mínimos exixidos desde o falecemento para poder realizar prácticas sanitarias sobre o
cadáver, así como a redución a 12 horas do prazo mínimo para poder dar o destino final a un
cadáver sempre que dispoña da correspondente licenza de enterramento.
Así mesmo, recolle o acordado na Guía de sanidade mortuoria sobre a nova clasificación dos
cadáveres en función do seu risco sanitario pola causa de defunción; as condicións xerais
sobre o uso de féretros e bolsas funerarias; o traslado e exhumación de cadáveres, restos
humanos, restos cadavéricos e restos óseos aos fornos crematorios, así como a creación
dun censo de prestadores de servizos funerarios.
As principais novidades da nova regulación galega complétanse, por unha banda, co
establecemento dun procedemento de regularización de cemiterios preexistentes, co
obxectivo de facilitar a legalización daqueles que no día de hoxe aínda non cumpriron os
trámites administrativos exixidos pola normativa sectorial de aplicación e, pola outra, cun
procedemento para o enterramento en lugares especiais, eliminando a autorización
sanitaria para aqueles xa existentes, e, no caso dos de nova construción, atribúese aos
concellos a competencia necesaria para a concesión das oportunas licenzas.
Regulación de crematorios e censo de empresas funerarias
Outro aspecto importante é a regulación dos crematorios, cuxa instalación se prevé
preferentemente en solos de uso industrial, de conformidade coas normas municipais da
planificación urbanística, nun edificio independente e exclusivo para servizos funerarios e
actividades complementarias que sirvan para a mellor prestación do servizo. Establécese un
raio de 200 metros contados dende o foco da emisión que constitúe a cheminea do
crematorio, no cal non deberá haber zonas residenciais, residencias da terceira idade,
centros sanitarios, centros educativos, parques infantís, instalacións deportivas ou outros
edificios ou instalacións con características similares.
Ademais do sinalado, introdúcese por primeira vez a creación dun Censo de empresas e
establecementos funerarios de Galicia, en que se inscribirán, mediante declaración

Deja una respuesta

Hide picture