Vigo, Galicia
Sucesos

-La Policía Local de Mos recupera y devuelve un coche robado

Os feitos producíronse esta mesma mañá en Sanguiñeda

A Policía Local de Mos informa de que a patrulla de axentes de servizo esta mañá realizou, ás 10.50 horas, a localización, na parroquia de Sanguiñeda, dun vehículo substraído.

O coche atopábase nas inmediacións do parque infantil de Sanguiñeda e a discoteca Queen, xunto á Avenida de Sanguiñeda, cando os policías locais de servizo procederon a consultar a matrícula do mesmo, comprobando que se trataba dun vehículo sobre o se se cursara denuncia por roubo.

Tras ser recuperado, fíxoselle entrega do turismo á propietaria titular do mesmo e denunciante da substracción.

Deja una respuesta

Hide picture