Vigo, Galicia
Vigo

La justicia da de nuevo la razón a Augas de Galicia frente al ayuntamiento de Vigo y ratifica la gestión, conservación y mantenimiento de la presa de Eiras

Tódolos pronunciamentos xudiciais en relación a xestión da presa veñen confirmar a legalidade da actuación da Xunta de Galicia

Augas de Galicia volveu gañar nos tribunais o recurso presentado polo Concello de Vigo respecto da titularidade da xestión, conservación e mantemento da presa de Eiras, que subministra auga a Vigo. Nesta nova sentenza o xuíz estima que dita titularidade corresponde ao ente autonómico e non á administración local, independentemente de que este último xestione con normalidade e sen interferencia algunha o subministro municipal de auga a Vigo, resaltando en todo momento a compatibilidade de ambos ámbitos de actuación.

Na recente sentencia do 30 de xuño de 2025, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Santiago de Compostela, resolve o recurso interposto polo Concello de Vigo contra a licitación por parte de Augas de Galicia do contrato de servizo para a conservación, explotación e mantemento da presa de Eiras e dos seus equipos e instalacións. O Concello mantiña que o organismo da Xunta de Galicia nunca xestionara a infraestrutura de regulación e coa licitación de este contrato o que se xeraba era unha duplicidade na xestión da presa e unha invasión de funcións e competencias municipais por parte da administración autonómica.

A sentenza desestima o recurso e da a razón a Augas de Galicia en canto a legalidade da licitación autonómica e ven confirmar de novo, coma xa fixera o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela en sentencia do 28 de outubro do 2022 e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenza do 20 de decembro do 2023, ditadas ambas no marco dos recursos interpostos polo concello de Vigo contra a actualización das normas de explotacións do plan de emerxencia da presa, que a competencia é de Augas de Galicia e non do Concello.

Finalmente debe sinalarse que ata a data tódolos pronunciamentos xudiciais recaídos, instados polo Concello de Vigo en relación a xestión da presa de Eiras, veñen confirmar a legalidade da actuación de Augas de Galicia.

Dende Augas de Galicia reclámaselle ao Concello de Vigo lealdade institucional e respecto polas competencias autonómicas, ao mesmo tempo que reitera o compromiso firme cos vigueses e a mellor predisposición para colaborar co Concello en prol do benestar dos cidadáns.

Deja una respuesta

Hide picture