Vigo, Galicia
Vigo

La FGAMT-CIG gana las elecciones sindicales en Vitrasa al obtener 5 de los 13 delegados/as del comité de empresa

A central sumou un total de 117 votos nos tres colexios, sendo a única forza en obter representación en todos eles

A FGAMT-CIG gañou as eleccións sindicais que se veñen de celebrar en Vitrasa, a concesionaria do
servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, ao obter 5 dos 13 delegados/as que se escollían no
comité de empresa. A central sumou un total de 117 votos nos tres colexios, sendo a única forza que
obtivo representación en todos eles.
Deste xeito, tras o proceso electoral a representación legal dos traballadores/as da empresa de
transporte queda integrada por 5 delegados/as da CIG, 4 de CCOO, 2 da UGT e 2 da USO. A central
sindical sumou un total de 117 votos nos tres colexios (87 entre o persoal de condución, 16 entre o
administrativo e 14 entre o do taller), sendo a única forza que obtivo representación en todos eles: 3
delegados en condución, 1 en administración e 1 en taller).
Pola súa banda, CCOO obtivo 111 apoios en condución e 1 en oficinas, a UGT sumou 43 en
condución e a USO colleitou 41 en condución e 11 en oficinas. Tamén se rexistraron 5 voto nulos en
condución e 1 en branco e 1 nulo no taller.
Dende a sección sindical da CIG en Vitrasa salientan tanto importante o apoio colleitado entre os
traballadores/as, que lle permitiu sumar un delegado/a máis que nas anteriores eleccións, como a alta
participación que se rexistrou durante a xornada de votacións, na que participaron 289 dos 318
condutores/as, 26 dos 27 traballadores/as do departamento de administración e 14 de 30 no taller.
Ao mesmo tempo, adiantan que continuarán a liderar a accións sindical e as mobilizacións para
forzar a compañía a negociar un novo convenio colectivo que permita a actualización dos salarios, a
redución da xornada e a incorporación dunha serie de melloras que o persoal leva anos reclamando.

Deja una respuesta

Hide picture