Vigo, Galicia
Vigo

La doctora Ana Concheiro obtiene una plaza de profesora vinculada del Chuvi en la universidad de Santiago de Compostela.

Esta é a primeira vez que un médico asistencial dun hospital diferente ao Complexo de Santiago acada unha praza de profesor vinculado na Facultade de Medicina da USC

Este nomeamento habilita á especialista para impartir clases teóricas de pediatría na Facultade de Medicina

No seu proxecto docente presentou as súas achegas innovadoras na ensinanza das materias de pediatría, no contexto dunha universidade europea máis moderna, tecnolóxica e participativa

A xefa do servizo de Pediatría e coordinadora de Docencia de Grao da Área Sanitaria de Vigo, Ana Concheiro, ven de obter unha praza de profesora vinculada na nova categoría de PPL (Profesor Permanente Laboral).

Trátase da primeira profesional que obtén unha praza nesta categoría, de recente creación; ademais, tamén é a primeira vez que un médico asistencial doutro hospital diferente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus) acada esta praza, que a habilita para impartir clases teóricas de pediatría aos alumnos da Facultade de Medicina da USC.

Isto é, a Dra. Concheiro, que xa era profesora asociada (impartía práctica clínica aos estudantes de 6º no hospital Álvaro Cunqueiro), poderá agora compaxinar o seu labor asistencial coa docencia na mesma Facultade de Medicina.

“Estou moi satisfeita xa que ata agora as prazas estaban vinculadas exclusivamente ao hospital de Santiago; isto é, para ser profesor da Facultade de Medicina había que traballar no Chus. A eliminación desta esixencia na configuración das novas prazas supón un gran avance e a posibilidade de estender a docencia aos profesionais que traballen noutros centros sanitarios galegos”.

Achegas innovadoras ás materias

Ana Concheiro defendeu un proxecto docente e outro investigador ante un tribunal, reunido no hospital Álvaro Cunqueiro.

No proxecto docente, a candidata presentou as súas achegas innovadoras das materias de pediatría que vai impartir, no contexto da Universidade europea de hoxe en día, “máis moderna, tecnolóxica e participativa”.

No referido ao seu proxecto de investigación, defendeu un estudo sobre o “Control automatizado da Fracción Inspiratoria de Osíxeno (A-FiO2) mediante algoritmo PRICO en recén nacidos pretérmino”.

“Sen dubida, isto é un primeiro paso para descentralizar a docencia da Facultade de Medicina de Santiago, e que os alumnos de 4º e 5ª tamén podan formarse noutros hospitais doutras áreas sanitarias, ao igual que xa o fan os de 6º. Ademais, espero que o meu nomeamento anime a máis

compañeiros a acreditarse como docentes nas axencias avaliadoras ANECA e ACSUG, requisito obrigado para poder presentarse á convocatoria destas prazas, e seguir consolidando a Docencia de Grao en Vigo.”

Deja una respuesta