- A delegada territorial recorda que Vigo concentra un 50% dos perceptores da provincia e que os servizos municipais rexistran unha demora media de entre 5 e 6 meses
- Recorda que son situacións que requiren a máxima celeridade por parte das administracións, máxime no momento actual de crise sanitaria que estamos a padecer
- “Estamos a falar de persoas en situación de especial vulnerabilidade que precisan dunha resolución inmediata dos expedientes, que a Xunta está a cumprir”, sinala
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe de que o Concello de Vigo segue a rexistrar cifras inadmisibles en canto aos atrasos na tramitación da Renta de Inclusión Social, respecto ao envío do informe de valoración por parte dos servizos municipais, cunha medida de 5 e 6 meses cando a lei marca claramente que debe ser dun mes. Por tanto seguen sen axilizarse os expedientes pese a que a cidade concentra o 50% dos perceptores da Risga da provincia de Pontevedra.
A este respecto, a delegada explicou que o cambio no sistema de inicio dos expedientes por parte do Concello vigués, que agora o único que achega é a solicitude con apenas documentación do posible beneficiario e con entrada directa no rexistro da Xunta, ralentiza si cabe aínda máis uns prazos xa de por si inaceptables. “Esto non ocorre noutras cidades con igual o similar volume de solicitudes”, indicou.
Segundo sinalou Fernández-Tapias, cando antes recibíamos o informe completo de valoración e o proxecto de integración agora vémonos na obriga de requirirllo ao Concello, xa que sen eles non se lle pode dar continuidade ao expediente. Asemade, unha vez chegado ese informe, é moi habitual que se teña que requirir máis información, polo que os prazos se disparan.
A este respecto, a representante autonómica defendeu que son situacións que obrigan a máxima celeridade por parte das administracións involucradas, máxime no momento actual de crise sanitaria na que a atención social ten que ser unha prioridade. “Estamos a falar de persoas en situación de especial vulnerabilidade que precisan dunha resolución inmediata dos expedientes, que a Xunta está a cumprir”, sinalou.
Ingreso Mínimo Vital
Por outra banda, a delegada fixo referencia ao Ingreso Mínimo Vital cuxa entrada en vigor complicou a tramitación, pois houbo que revisar moitos expedientes, algún para
modificalos e outros para extinguilos ao ser prestacións incompatibles. Así, explicou que cando un perceptor de Risga percibe un ingreso mínimo superior aos 402,80 euros (contía establecida para o 2021) hai que extinguila; e no caso de que sexa inferior minorala e, en consecuencia, percibiría as dúas ata o tope da devandita cantidade.
Deste modo, no ano 2020 se extinguiron 230 Risgas en Vigo e 93 no que levamos de 2021; mentres que o pasado exercicio se minoraron 37 e de xaneiro a marzo 18.
Segundo indicou Fernández-Tapias, pese a estar en vigor o Ingreso Mínimo Vital o número de perceptores non baixou tanto como se esperaba e se observa un importante incremento das solicitudes da Risga. Así, Vigo cerraba 2020 cunha media de 77 solicitudes ao mes, que se eleva ata as 107 no que levamos de 2021.
Xa po último, a delegada fixo referencia aos tramos que se puxeron en marcha ao abeiro da Ley de Inclusión Social no relativo á tramitación da Risga e das Axudas de Inclusión Social. O de inserción, como incentivo a participar en accións formativas, con 144 complementos concedidos na cidade de Vigo no 2020; e o de transición ao emprego, que se concede por un período de seis meses compatible coa actividade laboral para estimular e favorecer a incorporación a un posto de traballo, con 83.