Vigo, Galicia
Vigo

La concejala Patricia Rodríguez rompe su silencio y denuncia la filtración de su declaración judicial

Á vista da difusión nos medios de comunicación dun vídeo que mostraba unha declaración prestada no marco
de actuacións xudiciais que se atopan en fase reservada, quero expresar o meu rexeitamento a este tipo de comportamentos.
Non hai nada que ocultar neste procedemento; non obstante, rexen normasque todos deben respectar para garantir os dereitos de cada un dosimplicados.

É certo e é público que estou incursa, en virtude do meu cargo, en fase de investigación xudicial; con todo, o regulamento especifica expresamenteque partes do proceso son públicas e cales non.

Por todo isto, cada un é responsable dos seus comportamentos e todas estas cuestións serán analizadas para garantir que se respecten os dereitos como persoa, independentemente do cargo que ostente.

Apelo á responsabilidade dos medios de comunicación para evitar a reprodución ou amplificación de contidos procedentes de actuacións reservadas, especialmente, cando poida causar un prexuízo irreparable á persoa afectada e condicionar indebidamente a percepción pública do procedemento.
Reitero todo o meu respecto ao proceso xudicial e a miña continuacolaboración para que sexa resolto á maior brevidade, tal e como fixen desde o principio.
Patricia Rodríguez Concelleira de Seguridade

Deja una respuesta