Vigo, Galicia
General Vigo

La CIG se moviliza delante de la Autoridad Portuaria de Vigo para reclamar la readmisión de un trabajador afiliado de la central

  • Dende o sindicato denuncian o cambio de criterio na valoración da experiencia profesional no proceso de consolidación dunha praza

Delegados/as sindicais da CIG desenvolveron hoxe unha concentración coincidindo coa xuntanza do consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) para reclamar a readmisión dun traballador afiliado da central que se viu afectado polo cambio de criterio dun tribunal que elaborou unhas bases “que pouco teñen co que se espera dunhas bases para un proceso de estabilización de emprego”. Dende o sindicato explican que o afectado, oficial de mantemento no Porto de Vigo, era indefinido por sentenza xudicial dende 2016. “Mais cando se afiliou á CIG en 2018 comezou a recibir un trato diferente”. Nos últimos procesos de consolidación de emprego fixéronse varios concursos para diferentes departamentos, “e mentres que noutros departamentos como conserxaría ou policía portuaria valorouse a experiencia na APV ou na Administración pública cun valor diferencial sobre a empresa privada e cun baremo de até o 60% do total, no caso da praza que ocupaba este traballador só se baremou o 30% do total e estableceuse o 0,05 de diferencial entre o sector público e o privado”. Por iso a representación sindical da CIG na APV reclama que se faga o mesmo que se fixo no caso dunha compañeira que tampouco superou no mes de xullo o proceso de consolidación da praza que ocupaba, e que a día de hoxe segue con contrato indefinido: que o manteñan un tempo para que poida formarse de cara a unha futura consolidación. Para abordar esta cuestión solicitaron o pasado día 8 unha xuntanza urxente co presidente da APV “pero aínda non obtivemos resposta”. Ao mesmo tempo, o representante da CIG na APV, Anxo Igrexas, demandou durante a reunión do consello de administración unha solución para o afectado, “xa que se trata dun traballador indefinido sen praza consolidada que levaba 11 anos prestando servizo na APV e lembrou que a sección sindical da CIG está pendente de que se lle dea resposta á solicitude de xuntanza co presidente”. 

Thumbnail 21 10 29 Protesta APV Vigo 01

Deja una respuesta