Vigo, Galicia
Vigo

La CIG responsabiliza al alcalde de Vigo del cierre, por octavo día consecutivo, del parque de bomberos de Coruxo

Acusa a corporación municipal do caos organizativo polo atraso nas ofertas de emprego e por manter o servizo tirando de horas extraordinarias

completos e que “é máis que posible que a partir das 22 horas de hoxe continúe pechado”. Responsabiliza á corporación municipal e, nomeadamente ao seu alcalde, Abel Caballero do “caos organizativo”,  polo atraso nas ofertas de emprego.

A CIG insiste na extremada situación de risco que isto está provocando non só para os e as cidadás de Vigo, senón tamén para os integrantes do propio servizo. “É mais que evidente que están comprometidos seriamente os tempos de resposta perante unha emerxencia por parte do SPEIS”, explican, advertindo de que “o numero de efectivos diminúe tamén a contundencia necesaria nos primeiros momentos de calquera tipo de incidencia”.

Responsabilidade do goberno municipal

Desta situación responsabilizan á corporación municipal, co seu Alcalde á cabeza por “crear esta situación de caos e colapso organizativo do SPEIS, resultado de un crónico atraso na convocatoria das diferentes ofertas de emprego, amparándose para poder facelo en manter de unha forma prologada no temo de un servizo a base dos servizos extraordinarios”.

Lamentan, por iso, que esta corporación municipal “non invista a enerxía precisa en resolver este gravísimo problema” e solicitan que lle dedique “polo menos, a mesma intensidade que lle dedica á organización de eventos de carácter mediático e festivo” porque “a situación é seria e require  de una pronta e definitiva solución”.

A CIG agarda que este colapso organizativo “non teña fatais e irremediábeis consecuencias para ninguén”.

Xornada e reforzos

Respecto do acordo sobre a xornada e reforzos aprobado en Xunta de Goberno o pasado día 9 de agosto, explican que a CIG, como integrante de pleno dereito da mesa de negociación, votou en contra polas seguintes consideracións:

  • Non recoñece a xornada real dos integrantes do SPEIS como funcionarios de carreira da mesma forma que o resto dos traballadores/as do concello de Vigo, nin o dereito ao desfrute dos integrantes do SPEIS da pausa establecida por lei por cada fracción de 8 horas.
  • Non resolve de forma áxil ( curto e medio prazo) o colapso organizativo do SPEIS xa que para iso serán precisos entre 5 e 6 anos para contar co cadro de persoal proposto porque: a mecánica e prazos precisos de acordo coa lei para poñer en marcha as diferentes convocatorias e porque están tamén supeditadas ano a ano a lei orzamentaria de carácter estatal.

A CIG advirte de que esta prolongación no tempo dunha solución real “aumenta o risco de exposición e carga de traballo dos integrantes do SPEIS, nun contexto dunha profesión eminentemente perigosa”.

  • Logo dunha desastrosa historia contrastada e demostrada de aposta polas horas extras en formato cronificado, por parte da corporación Municipal, volvémonos atopar no punto de partida, de ver como novamente a administración municipal volve xogar co “ fogo”. Refírese isto ás horas extras, co grandísimo perigo da súa perpetuación no tempo e reprodución de automatismos e ciclos viciosos.

Desde a GIG anuncia ademais que se están a estudar as diferentes vías de carácter xudicial para invalidar o referido acordo.

Deja una respuesta