Vigo, Galicia
Vigo

La asociación de vecinos de Teis demanda la remodelaciónde de toda la acera, en la rúa Angela Iglesias Rebollar.

A Asociación Veciñal de Teis, demanda a Area de Fomento do Concello de Vigo, a remodelación de toda a beirarrúa na rúa Angela Iglesias Rebollar.

Na actualidade  estase coas obras da instalación da rampla mecánica no aceso ao centro de saúde de Teis, que inclúe a mellora da beirarrúa na rúa Angela Iglesias Rebollar.    

Coas obras xa avanzadas comprobamos que non está previsto incluír a mellora da beirarrúa, no tramo a altura número 5 da rúa Angela Iglesias Rebollar.  

Este tramo de beirarrúa, está en moi mal estado de conservación e necesita de maneira urxente unha actuación.

Polo que desde a Asociación o pasado 24 de xullo, dirixímonos por escrito ao  Concello, solicitando a mellora da beirarrúa na rúa Angela Iglesias Rebollar, 5.

Logo de varias consultas  este tramo da rúa Angela Iglesias Rebollar,  seica depende do Instituto Galego da Vivenda e Solo ( IGVS).

No mes de agosto dirixímonos ao IGVS,  hai unha semana recibimos un escrito da area provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), en relación a unha solicitude desta Asociación, na que se nós manifesta  que os terreos da rúa Angela Iglesias Rebollar, están cedidos ao Concello de Vigo o 22/09/2022.  

Nunha xuntanza informal con Javier Pardo, concelleiro da area de Fomento, manifesta que estes terreos non son aínda municipais  e que habería que redactar un novo proxecto para realizar no futuro esta mellora da beirarrúa.

Desde a Asociación, consideramos que unha cuestión burocrática, non pode provocar que deixe esta rúa cun tramo de beirarrúa sen acondicionar.    

Deja una respuesta

Hide picture