Vigo, Galicia
General Vigo

La asociación de Vecinos de Teis, demanda en los presupuestos del ayuntamiento de Vigo para 2022 más inversión para Teis.

A Asociación Veciñal de Teis, presentou a pasada semana no rexistro do Concello de Vigo, seis reclamacións ao orzamento do Concello de Vigo para o ano 2022, que se atopaba en período de exposición pública ate o pasado 13 de decembro.

Nestas alegacións a Asociación Veciñal de Teis, reivindica a inclusión no orzamento da creación de seis novas partidas, por un importe total 1.760.000 euros.

A mellora do equipamento da EDAR de Teis por un importe de 700.000 mil euros,a mellora do saneamento na rúa Arnela por un importe de 110.000 euros, un plan de beirarrúas en Teispor un importe de 350.000 euros, mellora do parque da Riouxa por un importe 250.000 euros, plan asfaltado en Teis por un importe de 200.000 euros e a mellora do aceso as vivendas do grupo San Pablo por un importe 150.000 euros.

A mellora do equipamento EDAR depuradora de Teis.

A depuradora de Teis, foi executada durante os anos 2000 e 2001 pola Xunta de Galiza, pasou a explotación municipal en xullo de 2001.

Segundo recollen informes municipais os caudais actualmente da planta son superiores aos previstos cando foi deseñada. Ademais, está Asociación e colectivos ecoloxistas temos denunciado publicamente diante das diferentes administración os vertidos de augas sen  tratar desde esta planta.

Polo que sería necesario, actualizar os equipos de desinfección da planta así como os niveis de control dos parámetros de vertido.

Mellora do saneamento na rúa Arnela.

Nun regato da rúa Arnela, especialmente visíbel entre os números 19 e 25, podemos comprobar a existencia de augas fecais, este regato  desembocan no regato do Paraixal.

Unha parte da veciñanza que vive no entorno queixase desde hai anos das augas fecais, ademais da presenza de moitas ratas.

Esta Asociación presentou escritos denunciando esta situación tanto ao Concello como a Aqualia.

Ademais, este caso denunciouse por parte dalgunha veciña de xeito reiterado ao longo dos últimos once anos ao Concello de Vigo, a Aqualia e a Augas de Galicia.

Construción de beirarrúas.

Na parroquia de Teis, podemos aínda observar como hai rúas que carecen dunha simple beirarrúa nalgunha das marxes. Esta situación provoca perigo para a veciñanza que vive ou pasar por estas rúas, pois son rúas moi transitadas e hai risco de atropelo.

Esta asociación xa ten solicitado a este goberno municipal, a necesidade de construír beirarrúas nestas rúas, pero até o de agora non foi unha prioridade.

Aquelas rúas nas que sería máis urxente actuar son a 1º Travesía da Oliveira, rúa Gerardo Campos Ramos, rúa Roris e finalizar a beirarrúa na rúa Foxos

Plan de asfaltados rúas

Desde fai anos vimos denunciando o mal estado do firme en moitas rúas de Teis, que non se soluciona con tapar unhas fochancas.

Aquelas rúas nas que sería máis urxente actuar nas vías: avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos, camiño do Laranxo, rúa Julian Estevez, 1º travesía de Foxos incluíndo o estacionamento Doutor Corbal tramo final.

Mellora parque da Riouxa

A Riouxa, é un dos grandes parques da cidade, pero necesita mellorar tanto no seu mantemento como nas dotacións, pois é un espazo descoñecido e desaproveitado pola deixades municipal.

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de facer unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse  uns 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio. Polo que consideramos  necesario a ampliación do parque infantil existente na Riouxa, ademais de rematar o muro perimetral.  

Mellora do aceso as vivendas do grupo San Pablo

O único aceso as vivendas do grupo San Pablo, realizase a través da rúa Robleda, pero está rúa a altura destas vivendas é moi estreito é só permite o aceso de turismos con normalidade, pero non de vehículos de emerxencia como camións de bombeiros e con moitas dificultades ambulancias e outros vehículos como furgonetas.

O pasado 1 de xullo, produciuse un escape de gas nunha vivenda do grupo San Pablo, pero o vehículo de bombeiros non puido acceder a vivenda afectada, pola estreites desta vía.

A rúa Robleda, no aceso a este grupo de vivendas linda coan antiga vía ferrocarril, onde na actualidade están as obras do proxecto da futura “ Vía Verde “. Polo que levamos meses reivindicando que se aproveite a realización deste proxecto, para mellorar o aceso as vivendas do grupo San Pablo, ampliando este aceso.

Deja una respuesta