Vigo, Galicia
Vigo

La asociación de Teis exige más inversión en la biblioteca y nuevas partidas para mejorar el parque de la Riouxa y el acceso las viviendas del grupo San Pablo.

A Asociación Veciñal de Teis, presentou durante o de información pública presentou 3 reclamacións, a aprobación inicial modificación crédito extraordinario e suplemento de crédito, coñecido como remanentes para incluír en 2022.  Nesta alegacións a Asociación Veciñal de Teis, reivindica a inclusión nesta modificación de crédito de 800.000 euros para investir en Teis.

Aumentar en 400.000 euros a partida para construción da biblioteca de Teis, pois é insuficiente a partida que figura para a obra e o equipamento da nova biblioteca. Temos que lembrar que o último anuncio dicía que o comezo das obras da biblioteca estaban anunciadas para o ano 2021 e a día de hoxe non coñecemos nin o proxecto e as obras aínda non comezaron. Nós non queremos máis demoras e escusas, e que este ano se faga a obra e se abra a biblioteca. A mellora do parque da Riouxa por un importe 250.000 euros e a mellora do aceso as do aceso as vivendas do grupo San Pablo por un importe de 150.000 euros.

BIBLIOTECA

Que estudada a documentación do aprobación inicial modificación crédito extraordinario e suplemento de crédito, observamos que figura unha partida para o acondicionamento do antigo ambulatorio de Teis para a biblioteca pero parécenos unha cantidade insuficiente, para acondicionamento do edificio e a dotación de libros e material deste edificio.

Desde Asociación e outros colectivos de Teis, levamos anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca, que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, defendemos que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. E non se limite só a unha sala de lectura e que perdamos unha oportunidade de dotar a Teis dunha boa dotación sociocultural.

O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio, o último anuncio é que as obras comezarían en 2021 para estar en funcionamento en 2022, pero a día de hoxe aínda non comezaron as obras e a cantidade que figura parécenos insuficiente para por en funcionamento a biblioteca neste ano.

PARQUE DA RIOUXA

É un dos grandes parques da cidade, pero necesita mellorar tanto no seu mantemento como nas dotacións, pois é un espazo descoñecido e desaproveitado pola deixades municipal.

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de facer unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse uns 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio. Polo que consideramos necesario a ampliación do parque infantil existente na Riouxa.

En relación co mantemento hai eliminar as arbores de especies invasores da zona arborada e substituílas por arbores autóctonas

Polo que entendemos que debe incluírse unha nova partida de mellora do parque da Riouxa, por un importe de 250.000 euros.

ACESO VIVENDAS GRUPO SAN PABLO

O único aceso as vivendas ao grupo San Pablo, realizase a través da rúa Robleda, pero esta rúa a altura destas vivendas é moi estreito e só permite o aceso de turismos con normalidade, pero non de vehículos de emerxencia como camións de bombeiros e con moitas dificultades ambulancias, coches de determinados tamaños ou furgonetas dun certo tamaño.

No mes de xullo de 2021, houbo un escape de gas nunhas vivendas do grupo San Pablo, pero o vehículos de bombeiros non puido acceder a vivenda afectada, polas estreites da vía.

A rúa Robleda, neste tramo linda coa antiga vía do ferrocarril, onde na actualidade aínda están coas obras do proxecto da “ Vía Verde “.

Ademais, de ampliar o aceso é necesario facer un novo muro entre os terreos da “ Vía Verde” e a rúa Robleda, pois o actual está moi deteriorado, filtra auga, hai perigo de derrube nalgúns puntos.

Deja una respuesta