Vigo, Galicia
General Vigo

La A.V. de Teis, denuncia que seguimos sin aseos públicos en la ETEA.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, levamos anos a reivindicar a necesidade de instalar uns aseos públicos nos terreos da ETEA.

En toda a superficie da ETEA, non hai ningún aseo público aberto, debido a gran afluencia da veciñanza sobre todo no verán, este servizo convertese nunha necesidade.

Ao longo dos meses de abril e maio, está Asociación, dirixiuse novamente por escrito a Xunta de Galiza e ao Concello de Vigo, expondo está demanda. No caso da Delegada da Xunta en Vigo, solicitando unha xuntanza para tratar sobre este tema e outros da ETEA, sen recibir resposta.

A Xunta de Galiza, podería destinar o edificio que ocupaba a antiga panadaría, dentro do parque público, se destine para cafetaría con aseos públicos. Outro emprazamento podería ser o pequeno edificio ao carón da pista de skate, tamén no parque público.

Nestes dous edificios xa estaba previsto no proxecto da construción do parque público ano 2012, destinalos un para a cafetaría e outro para aseos públicos e vestiarios, que logo nunca se realizaron.

Ao Concello de Vigo, podería no quiosco que se instala todos os verán no peirao, incluír uns aseos públicos ou instalar uns aseos permanentes nalgunha das construcións existentes no peirao.

Todas as propostas da Asociación, son viábeis o único que debe existir é vontade política, de actuar nos terreos da ETEA, para dotar de servizos a veciñanza que acode a estes terreos.

Deja una respuesta