Vigo, Galicia
General Portada

GALICIA RESTRINGE LA MOVILIDAD ENTRE Las 11 DE LA NOCHE Y LAS 6 DE LA MAÑANA

  • Así se decidiu tras a xuntanza do Comité clínico que descartou polo momento, ampliar ou modificar as demais restricións vixentes actualmente en Galicia
  •  Preocupa a evolución da covid-19 no concello de Lugo e nas comarcas de Ferrol, Pontevedra e Vigo
  •  O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu na necesidade de tomarse as restricións en serio polo ben do conxunto da sociedade, xa que o virus segue moi activo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá en rolda de prensa que Galicia restrinxirá a mobilidade entre as 11 da noite e as 6 da mañá, cumprindo deste xeito á normativa estatal. Segundo confirmou Comesaña, o Comité clínico considerou que este horario é suficiente, habida conta de que toda a comunidade está cumprindo o nivel 2 de restricións dende hai unha semana e que se limitaron as xuntanzas a un número máximo de 5 persoas, coas consabidas excepcións en determinados concellos e comarcas.

Na súa comparencia, na que estivo acompañado polo xerente do Sergas, José Flores e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o conselleiro de Sanidade manifestou a súa preocupación pola evolución epidemiolóxica no concello de Lugo e nas comarcas de Ferrol, Pontevedra e Vigo, así como pola situación das comarcas de Santiago, Verín e O Carballiño. Tamén se referiu á situación nas comarcas de Ourense e Barbadás que a día de hoxe arroxan resultados estables.

A vista desta situación, Comesaña confirmou que, se ben na xuntanza de onte do Comité clínico non se decidiron novas medidas a adoptar, non se desbota a posibilidade de que na reunión do venres haxa que tomar novas decisións restritivas en función de cómo vai respondendo a evolución da pandemia. Neste sentido, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade Carmen Durán, confirmou que estase a monitorizar continuamente a situación da covid-19 en Galicia, e que se esta empeora, a Comisión terá que actuar en consecuencia.

O titular da carteira sanitaria galega, insistiu en reiteradas ocasión sobre a necesidade de cumprir as restricións e de tomalas moi en serio polo ben da conxunto da sociedade, lembrando que o virus segue moi activo. Agradeceu a toda a cidadanía que está a seguir as normas e fixo un chamamento para que todos os cidadáns se comprometan no cumprimento das restricións.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, confirmou que a capacidade asistencial está garantida e que calquera cidadán que necesite atención sanitaria tanto pola covid-19 como por calquera outra patoloxía estará atendido. Se ben continúa a aumentar a ocupación de camas nos hospitais, tanto en planta como en ucis, as cifras aínda están lonxe das dos peores momentos da pandemia.

Deja una respuesta

Hide picture