- Galicia é terceira Comunidad Autónoma que máis vacinas administrou en relación coas doses recibidas, con 59.072 pacientes coa pauta completa
- Os membros do Consello Interterritorial acordaron adiar ata a semana que vén o debate sobre a posible relaxación das medidas de cara á Semana Semana
Galicia recibirá ao redor de 30.000 doses da vacina elaborada pola farmacéutica Oxford-Astrazéneca a finais da presente semana. Así llo confirmou a Ministra de Sanidade, Carolina Darias, ao máximo responsable da Sanidade galega, Julio García Comesaña, durante a xuntanza mantida esta tarde no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
Con estas novas doses, a Xunta de Galicia poderá seguir avanzando no proceso de vacinación iniciado o pasado 27 de decembro e así acelerar o seu ritmo á hora de administralas doses. Nestes intres, a comunidade galega xa ten administradas un total de 233.316 doses. Nomeadamente, 184.620 doses de Pfizer, 6.367 de Moderna e 42.329 de Astrazéneca.
Neste sentido, o Servizo Galego de Saúde xa vacinou coa primeira das doses a 115.163 galegos e galegas, aos que hai que engadir as 59.072 persoas ás que xa se lle administrou a pauta completa.
Neste intres a Xunta de Galicia está a vacinar cunha maior intensidade ás preto de 234.000 persoas que conforman a poboación de maiores de 80 anos na comunidade. Até o de agora, xa foron 42.594 persoas desta franxa de idade, que xa recibiron a primeira doses.
Así mesmo, no que atinxe á estratexia de vacinación que está a levar a cabo Galicia, a Xunta continúa coa vacinación dos grandes dependentes, o persoal docente, o persoal sanitario de clínicas privadas, os inspectores sanitarios, os facultativos do Imelga, os membros da Policía Nacional e Autonómica, bombeiros, persoal funcionario non-sanitario das institucións penitenciarias, os profesionais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e ao persoal dos centros de Día.
Este ritmo de vacinación sitúa na actualidade a Galicia no terceiro posto das comunidades autónomas que maior número de doses administrou, en relación coas vacinas recibidas.
Na reunión mantida esta tarde xunto coas restantes autoridades sanitarias españolas, tamén se acordou adiar o debate sobre a posible relaxación da medidas restritivas e o levantamento dos perímetros autonómicos de cara á vindeira Semana Santa.